Este sábado, Feira do Viño en Cedeira

I

O Concello de Cedeira colabora coa Asociación de Comerciantes e Hostaleiros do Casco Vello na celebración da Feira do Viño que terá lugar o próximo sábado,día 8, no paseo da Mariña.

Un total de oito casetas e máis de nove denominacións de orixen, entre outras Ribeiro, Cigales, Rioja e Toro, son algúns dos atractivos dunha proposta coa que se pretende iniciar á vila no tan demandado turismo enolóxico, segundo destacou o presidente da entidade organizadora, Francisco Zaera.

O programa inclúe dende degustacións ata sorteo de agasallos entre os participantes. A panadería Arribi e a pastelería Las Camelias colaboran facéndose cargo de elaborar e distribuír, de maneira gratuíta, racións do afamado pastel de Cedeira. En canto aos regalos, consistirán en lotes de viños, botellas do tipo magno e unha visita guiada a unha bodega, con xantar incluído.

Para participar é imprescindible realizar unha consumición nalgún dos postos que estarán abertos ao público de 12.00 a 14.00 e de 19.00 a 21.00 horas.

Para darlle axilidade ao desenvolvemento da feira, a organización optou por poñer á venta un tícket de catro consumicións ao prezo de dez euros, unha posibilidade que ademáis garantiza ao consumidor un regalo extra, unha copa de vidro.

Lea también

Cita este domingo en Valdoviño en la Puerta del Sol con el Feirón mensual

Jóvenes de 4º de la ESO del CPI Atios participan con un puesto de venta …