A piscina da Gándara permanecerá aberta durante o mes de xullo

A piscina municipal da Gándara abrirá as súas portas durante boa parte do mes de xullo para sesións de baño libre. Así o anunciou o concelleiro de Deportes, Román Romero, que subliñou que «hai varios anos que as instalacións permanecían pechadas nos meses de xullo e agosto pero que nesta ocasión abrirán co fin de atender as peticións formuladas por usuarios das instalacións».

Así, as instalacións permanecerán operativas de luns a venres desde o 4 ata o 22 de xullo, ambos incluídos, en horario de 9:15 a 12:15 horas. Os turnos para entrar serán de 45 minutos de duración, correspondéndose os habilitados cos horarios: de 9:15 a 10, de 10 a 10:45, de 10:45 a 11:30 e de 11:30 a 12:15 horas. O acceso á piscina poderá realizarse co bono de baño libre ou tamén retirando a entrada dez minutos antes de cada turno na conserxería do pavillón da Gándara.

O edil naronés destacou «o esforzo realizado este ano desde o Concello para poder manter abertas as instalacións durante este período», e animou así á veciñanza a acudir á piscina nesas datas «para continuar dando uso ás instalacións durante parte do verán, algo que non se viña facendo nos últimos tempos e que consideramos que no caso de que finalmente a aceptación se corresponda coa demanda rexistrada, haberá que analizar a viabilidade de manter en vindeiros anos».

As instalacións pecharán o 22 de xullo e retomaránse no mes de setembro a actividade habitual.

Lea también

Narón acoge en el CC Odeón la exposición de Roberto Marín, ‘Una mirada cofrade’

La plaza de Eventos del Centro Comercial Odeón ha inaugurado este viernes 11 la exposición …

Un comentario

  1. Vaya noticia…. sí que debe de haber parálisis en el concello para no poder sacar otras cosas….