Xuvia acollerá este fin de semana o «Xuviño Gastronómico»

A concelleira de Feiras e Mercados, Mar Gómez, presentou esta mañá o Xuviño Gastronómico, un evento organizado polo Concello de Narón e que se desenvolverá esta fin de semana, os días 18 e 19, no paseo marítimo de Xuvia. A cita reunirá na localidade a distribuidoras de viños de recoñecidas bodegas do país e tamén, por primeiro ano, a cinco food trucks.

Así mesmo, tal e como avanzou a edil, haberá un mercadiño cuns corenta postos de venta no que se poderán adquirir diversos produtos. O alcalde, José Manuel Blanco, e a edil Mar Gómez inaugurarán a convocatoria o sábado ás 12 horas, un acto ao que acudirán varios representantes da corporación local e ao que a edil animou a asistir á veciñanza de Narón e doutros concellos.

Os visitantes poderán escoller entre medio cento de caldos de Denominacións de Orixe como: Ribeiro, Ribera del Duero, Alvariño, Rioja ou Mencía, entre outras, que traerán as distribuidoras. O custe das copas será de 1,50 euros e venderanse tickets a dous euros para poder degustar os diferentes tipos de viño que estarán representados nesta edición do Xuviño Gastronómico.

A maiores do apartado vinícola e gastronómico, instalaranse uns corenta postos de venta de diferentes produtos no mercadiño convocado para esta edición. Entre eles tamén haberá un no que se poderán adquirir pementos do Couto e outros produtos comercializados a través da cooperativa do Val, tal e como apuntou a edil naronesa.

Os postos de venta do mercadiño estarán operativos nas xornadas do sábado e o domingo a partir das 10.00 horas e durante a mañá e a tarde. Ás 12 horas, tamén os dous días, abrirán os stands dos bodegueiros e as food trucks comezarán a servir diferentes pratos. La Carnioneta, de Narón; La Suprem by Torre de Núñez, de Lugo, e o Grupo Beyma, de Neda, estarán entre estes restaurantes sobre rodas que participarán no evento. Así mesmo, co obxectivo de ampliar a oferta gastronómica, instalaranse dous postos nos que se servirán racións de polbo a prezos populares.

Entre as 14 e as 15 horas haberá o sábado e o domingo unha sesión vermú, amenizada por un grupo musical, e a partir das 19 horas un concerto.

Nas inmediacións das carpas instalarase un parque con atraccións a prezos populares para os nenos que acudan a esta cita festiva e gastronómica, consolidada desde hai varios anos no calendario de eventos festivos do municipio naronés.

Lea también

Denuncia de un posible fraude por cobro indebido en el centro de examenes de la DGT de Narón

UNA HISTORIA ROCAMBOLESCA A LA QUE DEBE BUSCARSE UNA SOLUCIÓN «Quiero exponer una denuncia de …

2 comentarios

  1. Fiesta en caída libre , para el año ya no se celebra por culpa de este gobierno separatista que no quiere organizarlo conjuntamente con neda , no voy ni de broma

  2. Pues no vayas. Tus amigos del PP, en cambio, si que van. E incluso critican, «la decisión del gobierno de Nada de abandonar Xuviño «.