Ferrol celebra o Día das Letras Galegas

(Foto: Galicia Ártabra).Xoán Eiriz.
(Foto: Galicia Ártabra).Xoán Eiriz.

O Concello de Ferrol a través das concellerías de cultura e do rural organizó un ano máis os actos do
«Día das letras galegas», nesta ocasión o da zona urbana na praza de Rosalía de Castro e na rural nos locais da asociación de veciños de O Lago, en Doniños.

Pasadas as doce da mañá dió comezo o acto, baixo carpa, na praza de Rosalía de Castro, na zona de San Xoan. Una notable asistencia de público , entre os que se encontrabna o concelleiro de Cultura, Suso Basterrechea e o edil do Partido Popular José Tomé López.

Tomou a palabra o presidente da asociación de veciños de San Xoán-Bertón, Andrés Medín, que agradeceu ao Concello que leve a cultura aos barrios , posto que ten que ser para todos e non concentrarse na zona centro.

O edil de Cultura, Suso Basterrechea destacou o sinalado do día e a súa celebración nunha praza tan emblemática presidida pola estatua de Rosalía. Dixo que a política municipal é a de levar a Cultura a todos os barrios e destacou o interesante programa da xornada no que se conta cun cantautor como Xoán Eiriz e nada menos que o xa máis que centenario Real Coro «Toxos e Froles» ,

A continuación Xoán Eiriz, profesor de música e cantante en língua galega pronunció un curto pregón no que fixo un repaso á vida de Manuel María «un home comprometido con Galicia»  indicado que a mellor homenaxe nese momento era ler unha das súas poesías «A fala»,  «O idioma é a chave coa que abrimos ou mundo…» . Finalizou cantando unha canción , a primeira que gravou que leva por título «Galicia» , un texto de Manuel María.

Puxo o broche final a magnífica actuación do Real Coro «Toxos e Froles» baixo a dirección do mestre Manuel Amorós.

Os moitos asistentes puideron degustar un dos pratos tradicionales, o «polbo a feira» , nunha carpa instalada nun lateral da praza.

Xa para a tarde programáronse unha festa infantil e familiar co pallaso Peter Punk, e a actuación de Xoan Eiriz e a Orquestra Balbina.

(Foto: Galicia Ártabra). Coro Toxos e Froles.
(Foto: Galicia Ártabra). Coro Toxos e Froles.

Lea también

Ferrol, acoge el encuentro intergeneracional de corales de personas mayores

La concejala de Política Social e Inclusión de Ferrol, Rosa Martínez, presentó este jueves 21 …