Bloque Nacionalista Galego de Ferrol presentou esta mañá unha moción que será debatida no próximo pleno deste xoves 28 de abril, na que se propón que o Concello de Ferrol «non prorrogue o convenio de xestión asinado entre o Concello e Augas de Galiza para a xestión da EDAR de Ferrol e romper a encomenda de xestión feita á empresa EMAFESA».
Desde o BNG lembraron que o convenio con Augas de Galiza, que remataba o 8 de xuño, e que o goberno local quere prorrogar, xa recollia a posibilidade de xestionar de xeito mancomunado esta infraestructura «polo que o acordo que tomou o goberno de Jorge Suárez é que mentras que esta opción non se produza, vai manter vixente o actual convenio e polo tanto a xestión dunha infraestructura, a EDAR, que non funciona do mesmo modo que se esta a facer no momento actual».
Para os nacionalistas «senon se vai romper a encomenda de xestion con EMAFESA se seguirá entregando a Emafesa a xestión dunha depuradora que ten deficiencias, como ten anunciado o goberno local, producto da súa construcción xestionada e recepcionada por parte da Xunta con esas deficiencias e que o Partido Popular entregou ao concello para que xestionase esa depuradora que non pode funcionar por ter deficiencias e que o concello entregou a Emafesa para a súa xestión».
«Desde o BNG non sabemos que é o que muda na actualidade con respecto ás decisións adoptadas polo PP tanto no que ten que ver co convenio asinado on Augas de Galiza como o que ten que ver coa encomeda de xestión desa depuradora a Emafesa, para que o Goberno Local decida manter estes acordos como estaban», engadiron.
Desta forma, os nacionalistas instan ao goberno local á suspensión do convenio asinado entre o Concello e a empresa pública ACUAES «co obxectivo de que sexa o Estado quen asuma os custos derivados da execución e posta en funcionamento dos interceptores xerais da marxe dereita da ría de Ferrol e que se esixa ao Ministerio de Fomento que asuma as obras de reparación das deficiencias da EDAR de Ferrol». Ademais, solicita que o pleno do Concello «aprobe a derogación da ordenanza fiscal reguladora da taxa pola depuración de augas residuais, e insta ao goberno local á devolución do importe da taxa de saneamento cobrada indebidamente aos veciños e veciñas desta cidade nos primeiros meses do ano 2015».
Galicia Ártabra Digital Noticias de Ferrol y la comarca de Ferrolterra.
				
			
						
					
						
					
						
					
					
				
Cansino el Sr. Rivas. Parece monotemático. Sin embargo no dice nada de la crisis de gobierno de la ciudad, que ni está ni se le espera.