Completadas as actuacións de mellora e mantemento no río Freixeiro de Narón

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio vén de rematar unha acción de conservación no río Freixeiro, no Concello de Narón. Esta tarefa que realiza Augas de Galicia tivo por obxectivo reducir ou minimizar posibles asolagamentos nas etapas de choivas abundantes e intensas, sobre todo nas proximidades das pontes nas que se adoitan a depositar material de arrastre.

Neste caso concreto, actuouse nun tramo de case un quilómetro á altura do lugar do Cadaval na parroquia de Xubia; e os traballos realizados consistiron na retirada de atasco por troncos e ramas que formaban atoamentos de distintos tamaño e no apeo de varias árbores con risco de afección a vivendas próximas en caso de caída.

Todos estes labores tiveron un custo aproximado de 2.500 euros. Nas imaxes pódese observar o antes e despois das melloras realizadas:

rio freixeiro 9-4

Cabe recordar que os traballos de roza están recollidos dentro do programa de mantemento, conservación e mellora do dominio público das bacías de Galicia-Costa e as súas zonas de acceso e protección que a Xunta de Galicia promove.

Lea también

O Pazo da Cultura acolle a “XXXV Gala do Deporte de Narón”

O Pazo da Cultura de Narón acolle este venres 22 unha nova edición, a trixésimo …