Marián Ferreiro recibiu no Concello ao alumnado deste curso acompañada por María Lorenzo, edil de Política Lingüística.
A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, e a concelleira de Política Lingüística, María Lorenzo, entregaron na mañá deste xoves 5 no Concello os diplomas do curso de Iniciación á lingua e cultura galegas organizado a través da Secretaría Xeral da Lingua. Un total de dez persoas inscribíronse nesta convocatoria, rematándoa con éxito nove.
A maior parte do alumnado procedeu de latinoamérica (Venezuela, Perú, Colombia e Arxentina) e doutras comunidades españolas, tendo todos eles o castelán como idioma de comunicación habitual e sen coñecemento previo do galego. O curso impartiuse nas instalacións do local da entidade veciñal de Chafarís, no Alto do Castiñeiro, cunha duración total de vinte horas.
No programa do mesmo contemplábanse contidos vencellados con nocións básicas de lingua galega. A alcaldesa felicitou ás persoas que realizaron o curso, destacando o alumnado a oportunidade que se lles brindou por poder levar a cabo esta formación.
Galicia Ártabra Noticias de Ferrol y la comarca de Ferrolterra.
