Marián Ferreiro entrega en Narón os diplomas dos cursos de Operador/a de carretilla e plataforma elevadora PEMP

As accións formativas desta entrega de diplomas forman parte do Programa Municipal de Formación.
 
 
A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, e a edil de Formación, Natalia Hermida, entregaron os diplomas correspondentes a dúas edicións dun curso de Operador/a de carretilla e plataforma elevadora PEMP (con certificación UNE) enmarcado no Programa municipal de Formación 2026.
 
A convocatoria desenvolveuse nas instalacións do Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz, na Gándara, ás 12:00 horas e á mesma estaban convocadas unha vintena de persoas, as que remataron as dúas últimas edicións, das catro celebradas este ano.
 
O alumnado que recibiu este martes 4 o diploma acudiu ás clases que se desenvolveron entre os meses de setembro e o pasado outubro. Cada unha das edicións tivo unha duración de 50 horas, durante as que se abordaron contidos vencellados coas carretillas elevadoras e plataformas elevadoras móbiles de persoal, así como módulos transversais de orientación laboral e busca de emprego, igualdade de oportunidades e perspectiva de xénero e PRL e Medio Ambiente no naval.
 
A rexedora local e a edil de Formación interesáronse ante o alumnado pola experiencia formativa destes meses e destacaron a implicación do Concello e o compromiso “coa formación das veciñas e veciños desempregados en sectores e áreas que teñen unha importante demanda en empresas da zona”.

Lea también

Xogos, música tradicional e degustación de callos e bolos preñados para conmemorar o Día de Narón

A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, presentou xunto coa edil de Festas, Mar Gómez, os …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Responsable: Galicia Artabra Comunicaciones, S.L. Finalidad: gestionar su comentario. Legitimación: su consentimiento. Derechos: acceso, rectificación, supresión y otros, según la política de privacidad.