A banda de gaitas do Padroado de Narón desprazase este sábado a Betanzos

naron-banda de gaitasA Banda de Gaitas do Padroado da Cultura de Narón desprazarase este sábado ao municipio de Betanzos para participar nun intercambio coa Escola Municipal de Folclore da citada localidade (EMUF). A concelleira de Cultura, Marián Ferreiro, asiste á convocatoria, estando prevista a chegada ao Edificio Liceo ás 10.30 horas. A edil naronesa explicou que posteriormente serán os integrantes da Escola Municipal de Folclore de Betanzos os convidados nunha convocatoria que se desenvolverá no concello naronés nunha data aínda pendente de concretar.

As actuacións comezarán ás 12.00 horas, cun pasarrúas polo centro de Betanzos, no que os membros das citadas agrupacións musicais interpretarán os seus propios repertorios. Os organismos competentes darán a benvida aos participantes ás 13.00 horas e a continuación comezarán a actuar as dúas formacións no Liceo de Betanzos. Como convidada, a Banda de Gaitas do Padroado da Cultura de Narón actuará primeiro e despois a EMUF de Betanzos, se ben ambas formacións interpretarán tamén unha peza en conxunto. Cada agrupación disporá de media hora para o seu repertorio e ás 14.15 está previsto degustar uns petiscos de confraternización, tal e como indicaron desde a organización do evento.

Lea también

O Pazo da Cultura acolle a “XXXV Gala do Deporte de Narón”

O Pazo da Cultura de Narón acolle este venres 22 unha nova edición, a trixésimo …