O BNG censura que o goberno ferrolán asuma o convenio con Fomento para o saneamento

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol censurou esta mañá que o goberno local asuma e non denuncie o convenio co Ministerio de Fomento «polo cal os veciños temos que pagar pola execución das obras da rede de saneamento», cualificamdp ademáis de «incomprensíbel que se continúe, como facía o Partido Popular, a asumir este convenio sen ningun tipo crítica ou enmenda».

Os nacionalistas consideraron tamén que o goberno de Jorge Suárez non amosou ao longo destes meses ningun inetrese en denunciar o convenio con ACUAES, «ao que só se opuxo o BNG en agosto de 2012, polo cal os veciños e veciñas temos que pagar esta infraestructura, competencia directa do Estado, e que como se demostra esta a ter un sobrecusto para as arcas municipais por non teren rematadas, estas obras, en decembro do ano pasado».

«Iste feito, en virtude do convenio asinado con ACUAES, para a execución das obras da rede de saneamento, significa que o pago dos traballos que se executen máis alá do fin de 2015 ten que ser asumido polo Concello de Ferrol a maiores da porcentaxe do 13% que se recolle nese convenio avalado polos partidos estatais no anterior mandato, e que o actual goberno municipal non ten intención de denunciar», indicaron dende o BNG ferrolán».

O BNG conisderou tamén que «está máis que xustificada a denuncia deste convenio asi como que o goberno local esixa responsabilidades ao Estado e en concreto ao Ministerio de Fomento e de Medio Ambiente polo estado deficiente dunha depuradora que construíu a administración estatal así como polo retraso nas obras e na posta en funcionamento desta infraestructura». «Que rache o convenio con ACUAES e que nos libere aos veciños e veciñas de Ferrol de asumir o custo dunha infraestrutura obsoleta ou dunha EDAR que nunca entrou en funcionamento», engadiron.

Lea también

Detenido en Canido uno de los principales proveedores de droga a Ferrol, con 3,5 kilos de cocaina

La Policía Nacional detuvo a un hombre en Ferrol como presunto autor de un delito …

Un comentario

  1. Os do NON, diciendo NON una vez máis.