O BNG de Ferrol manifestou a súa disposición para facer fronte ás esixencias de Urbaser

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol manifestou esta mañá a súa disposición e colaboración para facer fronte as esixencias formuladas por URBASER contra o Concello de Ferrol co fin de adoptar «as medidas necesarias de cara a iniciar o proceso de remunicipalización deste servizo a comezar pola derogación dunha taxa de saneamento, que implica que os veciños e veciñas desta cidade paguen por unha infraestrutura que no resto do Estado pagou o estado».

Os nacionalistas lembraron que tal e como anunciou o goberno local o pasado verán, «a depuradora da cidade, despois de décadas de abandono, non depuraba. O que non impediu que se nos cobrase por este servizo máis de 800.000 euros no remate do ano 2014 e sen que a día de hoxe coñezamos cando se nos vai devolver o recibo cobrado».

Para o BNG consideran necesario «avanzar e ir dando os pasos definitivos para rachar definitivamente o convenio con Augas de Galicia, que implica que o Concello de Ferrol ten que xestionar unha infraestrutura obsoleta e que no momento actual non funciona como é a EDAR. Así mesmo compre rachar coa encomenda de xestión asinada con EMAFESA, que establece que os veciños paguemos unha taxa para pagar as obras incluídas no convenio con ACUAES, a posta en funcionamento da rede e polo servizo de depuración das augas residuais do Concello que segue sen existir».

O BNG instou finalmente ao goberno local que esixa as responsabilidades ao Estado e en concreto ao Ministerio de Fomento e de Medio Ambiente «polo estado deficiente dunha depuradora que construíu a administración estatal, que o Concello de Ferrol rompa o convenio coa Xunta de Galiza polo cal se lle entregou aos veciños desta cidade unha infraestrutura obsoleta», e pediron que «non se faga responsábel destas deficiencias aos veciños e veciñas da cidade».

Lea también

Suspenden el operativo de búsqueda de Doniños, en Ferrol, al no denunciarse la desaparición de ningún pescador

El operativo de búsqueda que se había activado alrededor de las 19,00 horas del pasado …

2 comentarios

  1. Coerente en todo excepto en la remunicipalización que solo añadiría unos cuantos trabajadores municipales más, amigos de… y que serían mucho más caros e ineficientes si cabe que los de Urbaser.

  2. En Emafesa ya están muchos amigos de