Rey Varela: “Feijóo apostará por unha política de defensa con investimentos estables que redundarán en Ferrol”

«Se gaña Feijóo, gaña España, gaña Galicia e gaña Ferrol”, asegura Rey Varela no Comité Executivo Local do PP de Ferrol. 

Comité executivo del PP de Ferrol | Foto PP

O presidente do Partido Popular de Ferrol e candidato número 1 o Senado pola provincia da Coruña, José Manuel Rey Varela, presidiu na tarde desde lúns o Comité Executivo Local no que defendeu que “España necesita un cambio, e Feijóo representa ese cambio”. Durante a reunión, o popular fixo, ademais, un chamamento á mobilización masiva da cidadanía para poñer fin á corrupción e á falta de xestión do Goberno de Pedro Sánchez.

Rey Varela lamentou os oito anos de agravios do Goberno de Sánchez con Ferrol, que non deixaron de recortar investimentos na urbe. “Somos unha cidade castigada pola falta de colaboración, investimento e apoio institucional”, asegurou. Unha situación que contou coa complicidade do BNG, que actuou como socio e colaborador do Executivo central durante estes anos, vendendo Galicia e Ferrol a cambio de nada.

Fronte a esta situación, e coincidindo coa conmemoración do terceiro centenario da creación do Departamento Marítimo do Norte, un fito que marcou o nacemento do Ferrol moderno como cidade naval e militar, Rey Varela reivindicou a importancia de reforzar o papel estratéxico da cidade e defendeu que a política de defensa debe ser “unha verdadeira política de Estado”. Así avanzou que o próximo Goberno de Alberto Núñez Feijóo apostará por un investimento plurianual que permita cumprir os compromisos internacionais e dotar de estabilidade os investimentos necesarios para o sector.

Archivo. Botadura de la fragata F-112 el 27 de octubre de 2026 | Foto Galicia Artabra

FRAGATAS F110

Neste senso, Rey Varela destacou a importancia de contar con orzamentos cada ano para poder levar a cabo os investimentos necesarios, entre eles, os destinados á construción de fragatas e á modernización do estaleiro. “Foi o Goberno do PP o que nos Orzamentos Xerais do Estado de 2018 rexistrou unha partida de 250 millóns de euros para a construción das fragatas F110”, recordou, e “Sánchez tardou un ano en firmar a orde de execución destas fragatas e foi cos orzamentos prorrogados do Partido Popular”.

Neste momento, están en fase de produción as dúas seguintes fragatas da serie a F113 e a F114 e está previsto que a F111 inicie as probas de mar o próximo ano. “Nacimos para facer barcos e seguímolo amosando, somos un referente a nivel mundial”, apuntou o candidato ao Senado.

MÁIS RECOÑECEMENTO DAS FORZAS ARMADAS

Pero o compromiso coa defensa vai máis alá dos investimentos en infraestructuras e equipamento militar. Rey Varela destacou tamén a importancia de situar as persoas no centro da política de defensa, con medidas dirixidas a mellorar as condicións profesionais, laborais e retributivas dos homes e mulleres que integran as Forzas Armadas, recollidas no programa de Alberto Núñez Feijóo.

Entre as principais propostas destaca o recoñecemento dos membros das Forzas Armadas como profesionais dunha actividade de risco, “daremos cumprimento a unha reivindicación histórica do colectivo que busca recoñecer as especiais condicións de perigosidade, penosidade e dispoñibilidade que caracterizan o servizo militar”, avanzou Rey Varela.

O próximo goberno do España revisará, tamén, a normativa en materia de persoal para construír unha carreira militar para oficiais, suboficiais e tropa e mariñeiría baseada no mérito e a capacidade.

Así mesmo, melloraranse as retribucións do persoal e incrementaranse os efectivos e apostarase por unha formación máis completa e especializada, que permita atraer e reter talento, favorecer a promoción profesional baseada no mérito e mellorar as condicións de vida laboral e a conciliación familiar.

“Se gaña Feijóo, gaña España, gaña Galicia e gaña Ferrol”, subliñou, o candidato ao Senado pola provincia da Coruña apelando á importancia de unir esforzos para impulsar unha nova etapa política e reforzar o papel estratéxico de Galicia e de Ferrol na defensa, na industria naval e no futuro das Forzas Armadas.

Lea también

O PSdeG-PSOE reivindicou en Ferrol os investimentos realizados polo Goberno de España durante os últimos anos na cidade e na súa comarca

O PSdeG reivindica os 8.000 millóns de euros de investimento nos estaleiros de Ferrol e …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Responsable: Galicia Artabra Comunicaciones, S.L. Finalidad: gestionar su comentario. Legitimación: su consentimiento. Derechos: acceso, rectificación, supresión y otros, según la política de privacidad.