O Concello de Ferrol volverá a instar a Real Academia Galega a que lle adique ao profesor e historiador ferrolán Ricardo Carvalho Calero do Día das Letras Galegas 2017 (17 de maio) en xusto recoñecemento o traballo desde filólogo e ensaísta nado en Ferrol Vello a prol da língua galega.
A proposta de solicitude á Real Academia Galega de lle dedicar o Día das Letras Galegas do ano 2017 ao ferrolán Ricardo Carvalho Calero foi aprobada este luns por unaminidade na Comisión Informativa de Participación Cidadá, e queda pendente da súa aprobación plenaria.
A reivindicación incesante que o Concello de Ferrol está a facer da figura e da obra de Calero, -poeta, ensaísta e dramaturgo- está baseada nunha sólida base que pasa por recoñecer a súa participación como redactor do Anteproxecto do Estatuto de Galicia, membro da RAG e primeiro catedrático de Língua e Literatura Galega da Universidade de Santiago de Compostela, ademais de ser o autor do primeiro romance escrito en galego logo do golpe militar e da primeira -e mais popular- gramática galega, e dunha monumental historia da literatura galega.
Ricardo Carvalho Calero (Ferrol, 1910-1990) é fillo predilecto do Concello de Ferrol.
Calero foi o protagonista do primeiro roteiro didáctico da Concellería de Participación e Normalización, o 17 de novembro do 2015, no que tomaron parte alumnos do IES que leva o seu nome.
Doutra banda, na mesma comisión, o concelleiro deu conta ao resto dos grupos da actividade en formación teatral para nenos e rapaces que se vai a desenvolver nos locais das AAVV de Santa Comba de Covas entre os días 21 e 25 de marzo do 2016, para favorecer a conciliación laboral e familiar durante as vacacións escolares da Semana Santa.