O escritor de Vila de Cruces Xosé Neira Vilas faleceu na mañá deste venres na súa vivenda de Gres. O autor de«Memorias dun neno labrego» mantiña unha carreira literaria ainda en activo, acababa de presentar a súa última novela o pasado día 15 e o seu próximo proxecto era a estrea da adaptación teatral de «Querido Tomás», prevista para o vindeiro 8 de xaneiro en Santiago de Compostela. Neira Vilas estaba pendente de falar o premio Arume de poesía para nenos, que concede a fundación que leva o seu nome.
Neira Vilas naceu en Gres o 3 de novembro de 1928. Aos 21 anos emigrou a Buenos Aires, onde coñeceu á escritora cubana Anisia Miranda. O matrimonio desenvolveu unha intensa labor cultural vinculada a Galicia tanto durante a súa estancia en Buenos Aires como posteriormente cando se trasladaron a Cuba. Xa jubilados, instaláronse na localidade natal de Neira Vilas en 1992, onde puxeron en marcha a citada Fundación Xosé Neira Vilas, unha das entidades máis dinamizadoras da comarca. Anisia Miranda faleceu en outubro de 2009.
Doctor Honoris Causa poa Universidad de A Coruña, membro da Real Academia Galega, Premio da Crítica Española e da Crítica Galega, Medalla Castelao, Pedrón de Ouro, Celanova dos Poetas…. O autor do primeiro «best selle»» gallego obtivo ao longo da súa traxectoria multitude de recoñecementos.
A homenaxe póstuma será no Panteón de Galegos Ilustres, onde serán velados os seus restos mortais a partir das seis da tarde deste venres. O enterro terá lugar mañá sábado ás 17:30 horas na súa parroquia de Gres (Vila de Cruces).
Pesar do concello de Ferrol
O Concello de Ferrol quérese sumar hoxe ao loito polo pasamento de Xosé Neira Vilas, pola perda dun referente da identidade galega que deixou para sempre a súa pegada no neno Balbino, das inmortais ‘Memorias dun neno labreg0‘, asinado en 1961.
Recentemente, o pasado 13 de novembro, participou na cidade na apertura do Congreso ‘Ferrol-Cuba-Galiza: historias comúns’, xornadas celebradas no Ateneo Ferrolán, nas que compartiu conferencia, charla e anécdotas co rexedor, Jorge Suárez.
A corporación municipal de Ferrol quere sumarse ao sentir da familia do escritor e compartir a dor por esta perda irreparable que deixa un baleiro na cultura galega.
Recordo da Agrupación Instrutiva de Caamouco, Ares
Agrupación Instrutiva de Caampuco, Ares, mostra o seu pesar pola norte de Xosé Neira Vilas. A sociedade colocou as bandeiras galega e cubana a media asta na fachada do centro social, cun crespón negro.Recórdase que O vínculo de Neira Vilas con Caamouco remóntase á decada dos 80, coa publicación do ensaio «Galegos no Golfo de México».
Non foi ata o ano 1989 cando Neira Vilas viaxou Caamouco. Aquel ano participou nos actos da conmemoracion do 75 aniversario da fundación da Tenencia. Neira Vilas, acompañado da súa dona Anisia Miranda, visitaron Redes nunha xornada festiva, na que se rendeu homenaxe aos homes que impulsaron a sociedade de instrución de Caamouco. «Que ganas tiña de vir!», asegurara Neira Vilas á súa chegada á localidade.
A entrañable parella participou dun xeito moi activo nos actos. Anisia, escritora cubana de orixe galega, encargárase da lectura dun fermoso texto no cemiterio da parroquia. Ademais, o matrimonio izou a bandeira cubana na fachada da escola canda Jose Prego. Polo seu apego a Caamouco, a Xunta Directiva da Agrupación nomeuno naqueles actos socio de honra da Sociedade.
No ano 2011, no centenario da Sociedade, a Xunta Directiva desprazouse ata Gres para visitar ao escritor. No salón da súa casa compartiron unha tarde de parola, de lembranzas da emigración galega e da importancia das escolas indicanas, como A Tenencia. «Redes é o que é grazas ás escolas cubanas», comentara aquel día. Tampouco se esqueceu dos «bos recordos que teño da vosa comarca».
O presidente da AIC, Ernesto López Naveiras, entregoulle unha placa conmemorativa coas bandeiras galega e cubana, onde A Tenencia agradece o seu labor a prol da cultura do país e tamén por «retratar na súa obra as embarcacións de Caamouco», en referencia ao ensaio Galegos no Golfo de México. Fíxoselle entrega, asemade, do cuarto número da revista A Tenencia e dun arquivo dixitalizado de todos os actos celebrados no 2011, con motivo do Centenario. «Esta mesma noite poñeireime a velos con moito interese», asegurou Neira Vilas, que tamén salientou o «importante valor documental» da revista de estudos locais que edita a Sociedade.