Comunicado do Goberno Local de Ferrol aos 100 días

concello ferrol-12

O Goberno local reafirma a súa determinación para transformar a cidade con transparencia, proximidade sempre na procura do benestar dos veciños e do ben común

O gobreno local ferrolán remite o seguinte comunicado:

Nas vésperas destes primeiros cen días a fronte do Goberno local de Ferrol, queremos reiterar a nosa confianza e determinación para transformar esta cidade, que é a nosa; cun goberno de persoas para as persoas. Aberto, próximo, transparente, participativo, modesto e honesto, valente nas denuncias e humilde na rectificación dos erros e apelando a responsabilidade da oposición para escoitar, construir e traballar polo ben común, sempre na procura do benestar dos veciños con altura de miras por riba de calquera outra consideración e directriz.

A cidade que nos atopamos en xuño estaba afundida en taxas insoportables de desemprego e precariedade, de emerxencia social e urbanística, cos estaleiros públicos case baleiros ou a medio encher, moi afastados da realidade que nos acostuman a disfrazar con propaganda, e o patrimonio esquecido e abandonado. Sobran os exemplos en Ferrol Vello, Recimil, O Bertón, Santa Mariña e mesmo no castelo de San Felipe, toda unha xoia do noso patrimonio, unha icona de turismo que nos atopamos nun estado lamentable e vergoñento que porfiamos por restaurar.

Nos atopamos cunha cidade cos servizos básicos privatizados e externalizados, pregada aos intereses de grandes empresas que queren facer seus os cartos que son de todos. Temos a determinación de camiñar pola senda da remunicipalización de servizos que consideramos que deben ser irrenunciablemente públicos como a auga, a recollida do lixo e mesmo o alumeado cando isto sea viable técnica e xurídicamente e sostible para as arcas locais polo ben común.

Temos, por desgraza, un perfecto exemplo das consecuencias da privatización no acontecido co socio privado de Emafesa, que se alineou coa Xunta de Galicia para ocultarlle a este Goberno, a este Concello e a todos os veciños, o incremento nun dos parámetros de control da auga, que nos abocaron por sorpresa e sen mais opcións, a restrinxir a auga da billa ao consumo catro longos días desde o 16 de xullo.

Unha situación que foi unha falla de respecto total e absoluta a veciñanza desta comarca e que tivemos que afrontar sen axuda; todo o contrario, desfacendo os atrancos que nos poñían outras Administracións que tiñan competencias que desatenderon e que adoptaron unha actitude hostil, claro exemplo de que este Goberno non é do seu agrado. Situación que se repite na fraude da Edar de Prioñiro, cobrándolle a veciñanza por unha depuración inexistente durante un ano nos que os que mandaban, miraron para outro lado porque non se quixeron enterar.

As eleccións abriron un camiño de cambio e ilusión polo que nos adentramos con traballo e compromiso nestes 100 días. Abrindo as portas do Concello as audiencias directas cos veciños, e prestos a escoitalos en asembleas abertas e participativas, sen medo e sen filtros. Eliminado o limite de acceso aos plenos, que era contrario a democracia mesma, e o límite no número das mocións e os tempos de debate no salón de plenos.

Temos a determinación de defender a Ferrol e os ferroláns en calquera foro e ante calquera Administración e organismo, reclamando do Goberno central a cesión sen custe de edificios desafectos e en desuso, como o antigo edificio de Aduanas. Coa determinación de obedecer ese mandato democrático que saíu das urnas o 25 de maio e rexeitando prebendas e privilexios que tiñan viciada a política como coches oficiais, salarios por riba do que é sensato, prazas de estacionamento e retribucións por representar ao Concello noutros organismos.

O logrado en cen días

Nestes 100 días fomos quen de aprobar inicialmente o Plan Especial de Ferrol Vello, e frear o aproveitamento dos xardíns públicos de San Francisco, de suspender a taxa de saneamento pola fraude e a estafa dunha depuración que non depuraba e de plantarlle cara a Urbaser co animo de levar as gravísimas irregularidades que parecen derivarse da súa xestión da empresa de augas ante a Fiscalía.

En Urbanismo, presentáronse as ARIs (Áreas de Rehabilitación Integral) para A Magdalena-Ferrol Vello, A Graña e Esteiro Vello, que poden beneficiar a unhas 150 vivendas. O goberno aprobou, igualmente, a Ordenanza de Inspección e Avaliación de Edificios que se espera que sirva como base de recuperación e mantemento do urbanismo da cidade.

Próximas realidades

Como comprometeu o goberno local, a praza de Armas terá solución neste mandato, unha solución definitiva que suporá cambiar radicalmente tamén a faciana do casco histórico. Como primeiro paso, xa se está elaborando o convenio, á espera da aprobación e firma do proxecto de reforma. En paralelo, se elabora un convenio de colaboración coa Universidade da Coruña (UDC) para a colaboración no máster de rehabilitación da ETSAC, e acometendo importantes esforzos en materia de disciplina urbanística para concienciar da necesidade do mantemento de edificios.

Traballamos para lograr unha saída a FIMO, iniciando con decisión o proceso liquidador a fin de atallar un problema herdado e recuperar este gran espazo público con novos usos lúdicos e deportivos, que se combinen coa xeración de emprego e emprendemento,e mantendo o compromiso cos antigos traballadores do Consorcio. Puxemos en marcha obradoiros de emprego como Ferrol Verde 4 o Smart Ferrol, con contratos de formación e aprendizaxe retribuidos, e aseguramos as nosas costas cun servizo de vixilancia e socorrismo con contrato e salario por convenio, mais longo e mellor remunerado.

Traballamos nas ordenanzas fiscais do 2016 sen incrementar a presión sobre a veciñanza e poñemos os vimbios dos próximos orzamentos que poderemos adecuar por completo as nosas políticas, coa prioridade nas persoas, nos servizos públicos e dotacionais e na rehabilitación e coidado do noso patrimonio.

No eido cultura, escoitamos a todos os colectivos e estamos a traballar por facer de Ferrol un lugar aberto e moderno para a cultura con novos espazos esquecidos para o desfrute de todos co apoio aos artistas locais e a proxectos innovadores na paxareira do Cantón, e a traseira do Centro Cultural Torrente Ballester. Tamén no ensino, traballando de forma coordinada entre o Concello e os centros escolares para velar polas necesidades dos menores e no lado dos que protestan contra os recortes.

Coidamos que este Goberno é o triunfo da normalidade fronte a profesionalización da política. Non hai milagres, é certo, nin solucións de chistera de mago porque as situacións coas que nos atopamos son densas e complexas, moitas veces, con atrancos xurídicos. O noso compromiso pasa por saber escoitar, e ter a humildade de rectificar, cando nos equivoquemos na procura, sempre, da mellor solución para a veciñanza e os intereses colectivos.

Nas áreas do Medio Rural e Patrimonio Histórico púxose en marcha o plan de Seguridade e a Policía de Seguridade, baseado na actuación conxunta de Policía Local, Nacional, inspección de traballo no eido das talas incontroladas, deterioro de camiños e refugallos nos montes do municipio. Dende a chegada deste goberno, unha patrulla da Policía Local volve percorrer a zona rural para vixíar a actuación dos madereiros e evitar intervencións que poidan provocar perxuízos tanto ao medioambiente como aos cidadáns.

Somos Ferrol, un municipio de Santa Mariña a Brión, de Covas a San Xoán, pasando por Canido, Esteiro, Caranza, e imos traballar para que cada rúa e recuncho da nosa xeografía municipal teña a dotación, os servizos e a atención que merecen, coa exixencia que conleva dar exemplo na xestión, con transparencia e pulcritude dispostos a obedecer o mandato que os veciños depositaron en nós.

Cen días despois das eleccións municipais, Ferrol e os ferroláns teñen un goberno de portas abertas, transparente e próximo, coas necesidades sociais e cidadáns como prioridades e que ten amosado unha xestión áxil e eficaz ante as emerxencias, e valente e decidido na denuncia da estafa da Edar, nas mentiras e medias verdades do naval, e que ofrece un mellor trato as entidades da cidade nas convocatorias, asembleas, consellos sectoriais, entidades veciñais e demais, que pudieron retomar un contacto coa Administración local que os dera de lado.

ÁXIL RESPOSTA AO COLAPSO SOCIAL CON MEDIDAS DESDE A ÁREA DE BENESTAR

Entre as primeiras medidas realizadas en Benestar Social, figura a creación dunha Oficina Anti-Desafiuzamentos e de Mediación de alugueiro de vivenda. A estratexia é artellar unha rede de cooperación entre propietarios de pisos, inmobiliarias e persoas afectadas, actuando o Concello como intermediario. Nos cen primeiros días xa se trataron preto de 50 casos e se atoparon solucións para outros trinta.

Se puxeron en marcha dous campamentos de verán –que quedaran sen planificar- con 150 nenos, desbloqueáronse as axudas de emerxencia social, cunha nova normativa e artellase un Servizo de Valoración Urxente para axilizar e simplificar os trámites.

Ferrol situouse na primeira liña das cidades que atenderán á grave crise humanitaria dos refuxiados sirios, integrándose na rede de cidades solidarias para acollelos. En marcha, está xa un censo de cidadáns interesados en facilitar aloxamento aos refuxiados, ademáis de artellar a resposta que se ofrecerá dende servizos sociais, en contacto coas ONGs, e déronse os primeiros pasos para dar resposta a unha das problemáticas endémicas de Ferrol, a situación do barrio de propiedade municipal de Recimil.

O goberno atopouse a súa chegada á Casa Consistorial cunhas festas de agosto sen organizar nin prever, e cos ornamentos prácticamente esgotados, con tan só 180.000 euros dispoñibles para invertir nas celebracións de todo o ano, moi lonxe das partidas que manexaba o anterior goberno local. Pese a isto, organizáronse uns festexos para todos os públicos, con actividades en todos os barrios da cidade, plurais e gratuítos, que pese ao mal tempo, conseguiron ateigar de vida as prazas e os barrios da cidade, con concertos incluso multitudinarios como os de Andrés Suárez, Efecto Pasillo, Ara Malikian ou Freedonia.

Na área de Igualdade e Muller comezouse a dar grandes pasos, pese a que o novo goberno atopouse coas partidas esgotadas e con apenas 50 euros para o resto do ano. Por primeira vez, estase formalizando un Pacto contra a Violencia de Xénero, ao que se incorporarán todos os sectores da cidade, para facer de Ferrol unha cidade “referencia” contra a violencia de xénero.

Comezouse por xestionar a mellora da Casa de Acollida de Mulleres Maltratadas, que será presentada aos Premios Coopera 2015».

Lea también

Psoe Ferrol urxe a reparación e mantenemento dos espazos culturais

A concelleira socialista Montserrat Dopico insta ao goberno de Rey Varela «a acometer as obras …

5 comentarios

  1. Jajsjsjajsjsjsjaja. Que chiste más bueno.

  2. Si algo positivo tiene el asunto, es que esa gente no volverá a gobernar en la vida.

  3. El peor gobierno de Ferrol en mis 54 años de exitencia. Es vergozonso que consitamos esto en nuestra ciudad. No serán 100 días perdidos, serán 4 años de retroceso.

  4. Parecen los comunicados de los gobiernos franquistas. Me imagino perfectamente a Arias Navarro leyéndolo y saliendo en el NO-DO.

  5. Comunicado casposo como pocos. Lo lees y se evidencia que no han hecho nada. Por lo de más, habría de asumir el Alcalde que no se es más de izquierdas ni menor por vestir decentemente y conforme a la dignidad del acto de que se trata. Y, por cierto, me gustaría que hicieran pública su declaración de renta del pasado año para compararla así como lo que ahora ganan en el Ayuntamiento. Lo digo por lo de la «profesionalización» de la política. ¿O cuándo toca hablar de la dimisión de Sestayo en el parlamento de Galicia (¿Se acuerda de aquellos de «una persona un cargo»).
    ¿Y municipalizar los servicios públicos? Vamos, si fueron IU y el PSOE los que privatizaron el servicio de recogida de basuras dándoselo a la entonces DRAGADOS. En fin, lamentable panfleto. ¡qué se pongan a trabajar!