Unha arrepiante Feira Medieval

burgoa-211114jjburgoa@hotmail.com-TIRANDO A DAR

As feiras e mercados tradicionais tiveron de sempre grande importancia en Galicia como lugar de encontro dos veciños e de troque de produtos do campo; aínda hoxe algures seguen a cumprir esta función. A produción artesanal popular (madeira, coiro, metal, cerámica, tecidos) atopa aquí un axeitado canal de venta, o mesmo que aqueles produtos do agro non habituais nas superficies comerciais.

Son de grande concorrencia as feiras de Santos en Monterroso, de Pascuas en Padrón, San Lucas en Mondoñedo, San Froilán en Lugo, as periódicas de Betanzos, Tui, O Carballiño e Arzúa, e as de gando espalladas por Galicia, como a de Salgueiriños en Santiago. Na maioría delas móntanse os toldos de polbo e churrasco, onde xunto a unha cunca do viño se fan os acordos e os trasacordos e se pechan os tratos comerciais.

Nos últimos tempos moitos concellos de Galicia veñen a celebrar no verán, cunha fortuna diversa, abondosas feiras medievais, ben por ter un casco histórico de época nun relativo bo estado de conservación, ben recordando algunha conmemoración histórica. Entre as máis coñecidas temos a Festa da Istoria de Ribadavia, as Feiras Francas da Coruña e Pontevedra e os mercados medievais de Santiago, Betanzos, Baiona, Verín, Noia e Maceda, entre outras que tratan de lembrar deste xeito o seu pasado medieval.

Mentres tanto Ferrol segue coa teima de chantar nestas datas unha arrepiante Feira Medieval arredor de Ferrol Vello, o lugar máis estragado da cidade. Dese xeito persiste o erro de non ser quen de levar a cabo no barrio da Magdalena unha Feira de Ilustración como sinal de identidade propia da cidade, que nos distinguiría do resto das localidades galegas. Novamente temos unha feira carente de rigor histórico nun parvo escenario cheo de palla, cos mesmos persoeiros vestidos de freires con saións, adiviños do porvir e meigas feiticeiras, mentres os toldos con bandeirolas ofrecen as súas pizzas e kebabs.

Impresións dun FTV

Hoxe quixera lembrar unha fotografía publicada por Galicia Ártabra Digital, por mor da ofrenda do Día de Galicia que se celebrou en Ferrol o pasado 24 de Xullo.

burgoa-2-8

Na devandita fotografía aparece Xaime López Fernández, Presidente da Fundación Fontenla Leal – que leva o nome dun esquecido ferrolán que foi o verdadeiro inspirador do Himno Galego e do Día de Galicia -, na compaña dun funcionario municipal, ambos correctamente vestidos para a ocasión, con chaqueta e gravata, dando unha lección aos persoeiros alí presentes

Pola contra desta exemplar actuación, por alí pululaban unha serie de incorrectos figuróns e prebostes que asistían ao actos da ofrenda, encabezados polo propio Alcalde de Ferrol, na compaña dos seus seareiros de Protocolo e Gabinete, e outros concelleiros e convidados, maiormente mal vestidos. Todos eles poderían evitarmos este bochornoso espectáculo e quedar na casa ese día.

 

 

Lea también

Matar al mensajero Mato-( Enrique Barrera Beitia)

Enrique Barrera Beitia Desde el pasado 13 de noviembre, el ex-alcalde socialista Ángel Mato ha …

Un comentario

  1. Cuando el sabio señala la luna, el tonto mira al dedo!