O equipo de Terra Galega aposta por un tripartito

terra galega logoO equipo de Terra Galega de Narón iniciou neste martes, dia 2, a rolda de contactos postelectorais cos grupos políticos do municipio. O alcalde en funcións de Narón e reelixido no cargo despois das eleccións do pasado 25 de maio, José Manuel Blanco, estivo acompañado polo secretario xeral de TEGA, Guillermo Sánchez Fojo, no encontro celebrado pola mañá cos representantes do Partido Popular, con Miguel de Santiago e a número dous da lista de Narón, Laura Pena. As diferencias entre ambas formacións impiden un acordo para cogobernar cos populares na localidade.

A media tarde tivo lugar a reunión prevista cos representantes do PSOE, á que ademais de Blanco e Sánchez Fojo asistiu a candidata número dous de TEGA, Marián Ferreiro. Os representantes de TEGA calificaron de «moi satisfactorio» o encontro mantido cos socialistas locais, representados pola candidata Catalina García, e o número dous da lista, Octavio Dopico, entre outros integrantes da formación. O secretario xeral de TEGA, Guillermo Sánchez Fojo, subliñou trala convocatoria que «as dúas forzas estamos dacordo na necesidade de que Narón continúe contando cun goberno estable, ao igual que o que tivemos nos últimos catro anos». Os representantes de TEGA e PSOE acordaron manter unha próxima reunión a vindeira semana co fin de poder manter o pacto de goberno.

O equipo de Terra Galega manterá mañá un encontro cos representantes do BNG para analizar a viabilidade de chegar a un acordo que manteña aos nacionalistas no equipo de goberno de Narón, ao igual que se fixo no ano 2011.

Lea también

O Pazo da Cultura acolle a “XXXV Gala do Deporte de Narón”

O Pazo da Cultura de Narón acolle este venres 22 unha nova edición, a trixésimo …

Un comentario

  1. Otros cuatro años dé tortura ciudadana, ? Lo que puede hacer una persona por dinero, vender al pueblo? cual es el calificativo? traición