O Acto Xeral de Campaña de Marea Ártabra en Ferrol transcurriu no Centro Cívico de Caranza. A partir das 19.00 horas deste xoves, día 21, a xente achegouse a escoitar e participar, descubrindo que ao escenario non ia subir ninguén, senon que as persoas que ian falar, eran cidadáns e cidadás coma elas, no cartel non estaba a cara dunha estrela mediática da política estatal ou Galega, só cidadanía con ganas de participar, crear e transformar Ferrol.
Tomou a palabra inicialmente Chema Hernández falou da proposta da Marea de «desenvolver Plans Especiais Comunitarios, un en cada barrio da cidade (14 en total), como produto dun proceso participativo no que a veciñanza de cada barrio teña posibilidade de decidir» … «un dos obxectivos primordiais de Marea Ártabra é facer unha cidade máis accesible, cómoda e sostible, para a cidadanía ferrolá». «Recuperaremos e poremos a funcionar a participación cidadá, porque a cidadanía, os veciños e veciñas desta cidade queren decidir donde invertir os seus cartos».
Lupe Ces que comentou a vergoña que lle produxo «escoitar onte ao Alcalde de Ferrol nunha entrevista de televisión e como foi incapaz de contestar á pregunta realizada por unha das colaboradoras habituais do programa sobre a diversificación industrial de Ferrol». Indicou Lupe que Rey Varela foi incapaz de falar de algo máis que non tivera relación co sector naval. “Deberia leer o noso programa” comentou Lupe, un programa cheo de ideas de cara á consecución de emprego estable na nosa cidade, algo tan sinxelo como remunicipalizar os servizos públicos, crear unha cociña centralizada para dar servizo aos comedores escolares e senior con productos cosechados ou pescados en Ferrol tiraría do emprego e do autoemprego.
Durante todo o acto, sucedéronse varias intervención nas que se lembraron propostas como a do parque para o Sanchez Aguilera, a defensa dos Mercados de Barrio e o pequeno comercio e a negativa rotunda ante a apertura dun novo centro comercial mais porque «son buratos negros nos que metemos os nosos cartos e as grandes multinacionais os levan a paraisos fiscais».
Fernando Ramos, lembrou parte do «Plan de Choque para o Emprego» que esa mesma mañá presentaran ante os medios e no que a Marea explica que apoia ao Naval e á creación de industrias que teñen relación directa con ese sector pero tamén aposta decididamente por actividades económicas que teñen que ver co pulo do sector primario e cunha produción ecolóxica, de calidade e autóctona; co sector turístico e dentro deste, cun turismo cultural e de coñecemento e respecto ao entorno natural; coa rehabilitación dos edificios públicos e privados; coa investigación e o desenvolvemento, impulsando un campus de Ferrol con especial atención a ensinanzas de tipo industrial e técnico -sen “desmerecer” en absoluto ás referidas a ciencias sociais e humanidades. Ademais, Marea Ártabra potenciará e apoiará que a actividade económica vaia adquirindoformas de propiedade social e cooperativa.
Foi un acto moi participativo, como ven sendo en todos os encontros que leva feito a Marea durante toda a campaña no que a xente pode participar preguntando, propoñendo ou falando.
Lupe Ces, cando non puido mangonear Anova foise para a Marea Artabra con toda a súa familia