«VI Bandeira de Traiñeiras» no porto de Ares

ares-traiñeirasO porto de Ares acollerá o sábado, día 17, a partires das seis da tarde, a Sexta Bandeira de Traiñeiras “Concello de Ares”, unha regata organizada polo Club de Remo local que, un ano máis, conta coa colaboración da administración municipal.

Precisamente a esta colaboración referiuse o presidente da entidade, Germán Sánchez, no marco da rolda de prensa celebrada na mañá deste martes, día 13, na alcaldía, na que participaron o edil de Deportes José Juan Vilar, o concelleiro do grupo de goberno e tenente alcalde José Eugenio Fernández, xunto coa concelleira Alma Barrón e o remeiro local Pedro Carro. Sánchez destacou a implicación do Concello con este deporte e, en concreto, con esta regata, xa que sen a súa axuda sería imposible o seu desenvolvemento.

A VI Bandeira de Traiñeiras

A VI Bandeira de Traiñeiras “Concello de Ares” será a antepenúltima regata da división B da Liga Galega de Traiñeiras. No caso da regata de Ares, o presidente do Club de Remo informou de que participarán nove clubes, o que congregará na vila a centos de persoas durante a tarde do sábado.

En canto aos obxectivos ligueiros, Sánchez indicou que a embarcación local tratará de acadar o ascenso de categoría, cousa en que confían dado “o gran nivel dos remeiros”, manifestou o máximo responsable da entidade local.

A traiñeira que resulte gañadora durante o sábado recibirá a bandeira que este martes  luciu na alcaldía durante a rolda de prensa. Ademais, repartiranse 6.000 euros entre as nove traiñeiras participantes, determinándose a contía segundo a clasificación final.

Pola súa banda, o concelleiro de Deportes subliñou o compromiso do goberno local co deporte de Ares e, a este respecto, fixo fincapé nas políticas, non só de infraestruturas e de equipamentos, senón tamén de promoción do deporte de base e de axuda ás entidades locais para o desenvolvemento das diferentes modalidades, como remo- cunha importante implantación neste municipio-, a náutica, o fútbol ou a ximnasia rítmica, entre outros. Ademais, destacou que a organización de iniciativas como esta regata axudan notablemente a dar a coñecer Ares, o que, sen dúbida, favorece ás políticas que tamén se están desenvolvendo no Concello para incementar o turismo.

 

 

Lea también

El Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira convoca el concurso de diseño del cartel de 2026

El Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira anuncia la apertura del concurso de carteles …