Xavier Vence participa na asemblea comarcal do BNG de Ferrolterra

xavier venceO portavoz  nacional do BNG, Xavier Vence, participará na Asemblea Comarcal do BNG de Ferrolterra, que se celebrará este martes, dia 28, a partir das 20 horas  no Centro Cívico de Caranza, no que supón tamén o primeiro encontro coa organización comarcal que se celebra desde o seu nomeamento como voceiro nacional, na Asemblea Nacional celebrada o pasado 17 de Marzo; no que constitúe unha prioridade marcada en relación co contacto directo coa base militante do BNG.

Xavier Vence exporá ao conxunto da militancia do BNG comarcal a avaliación da situación política actual e, dun xeito concreto, as iniciativas que a organización está a desenvolver xa con respecto á crítica situación socioeconómica que esta a viver Galiza como resultado das políticas neoliberais e, concretamente, das medidas adoptadas desde os gobernos do estado e da Xunta.

Pero no aspecto máis concreto, a Asemblea Comarcal do BNG vai definir o traballo a desenvolver de cara a abordar a crítica situación da comarca en relación co índice de desemprego, a destrucción dos nosos sectores produtivos,  e a emigración xuvenil e que se concretará en iniciativas concretas que o BNG vai desenvolver de cara á folga xeral comarcal convocada para o vindeiro 12 de Xuño.

O Consello Comarcal definíu xa na reunión do pasado dia 20 os eixos do que será o traballo a desenvolver en todos os concellos da nosa comarca de cara a implicar ao conxunto da cidadanía nunha resposta contundente ás políticas de desmantelamento económico e social que os gobernos do PP están a praticar na nosa comarca e na exixencia de medidas urxentes e concretas na defensa do emprego e do dereito a producir; medidas que mañá concretaránse nun calendario específico a desenvolver polo BNG de Ferrolterra de aquí á celebración da folga.

 

 

 

 

Lea también

O Campus Industrial de Ferrol amosa todo o seu potencial no Congreso ModiñaLab

  O director do Campus Industrial da Universidade da Coruña, Marcos Míguez, participou, este venres …