Este luns, día 29, comezarán as actividades de confraternización enmarcadas dentro dos actos de celebración do 25º aniversario dos institutos de Mugardos e Pontedeume.
Nesta primeira ocasión, os integrantes dun dos clubs de lectura do IES de Mugardos desprazaranse a Pontedeume para coñecer a biblioteca escolar do IES As Fragas do Eume. A visita xira ao redor da lectura da novela La casa de la linterna. Para iso contarán coa presenza do autor e profesor Carlos de Castro Álvarez, e realizarán unha visita guiada polos escenarios da novela ambientada tras a guerra civil. A visita a vila do Eume rematará cun xantar de irmandade.
As actividades terán continuidade coa visita a Mugardos e cun encontro deportivo entre os dous centros que naceron no mesmo ano 1987 e compartiron as instalacións en Pontedeurme durante os dous primeiros cursos.