O Grupo Municipal Socialista do Concello de Ferrol reitera o retroceso na atención á dependencia en Ferrol, e manifesta que gracias ás emendas do Grupo Municipal Socialista á proposta inicial da ordenanza reguladora do servizo de axuda no fogar , os socialistas conseguiron que o goberno local rectificase parcialmente no custo do servizo, que pagarán as persoas en libre concorrencia, é dicir, aquelas persoas que aínda non teñen recoñecida e valorada a súa situación de dependencia.
Así, os socialistas, a través da súa concelleira María López, alégranse de que debido as aportacións do Grupo Municipal Socialista se reduxesen os baremos económicos, pero lamenta que só fose parcialmente. Neste senso, o Grupo Socialista critica que o goberno local , no abanico de prezos que pagarán os usuarios e usuarias do servizo, o goberno decidise cobrarlles o prezo medio, en lugares do mínimo.
O Grupo Municipal Socialista alerta, algo que olvidou comentar a concelleira de benestar, da paralización da aplicación da lei de dependencia para os dependentes moderados, que non terán dereito ás prestacións de dependencia ata o 1 de xullo de 2015, polo que so poderán optar ao servizo de axuda no fogar por libre concorrencia. Neste caso, os socialistas denuncian que o goberno local podía elixir o menor custo para a persoa usuaria, pero en lugares diso preferiu cobrar o máximo permitido na súa proposta inicial e agora o medio, podendo cobrar o mínimo, limitando deste xeito o acceso dos usuarios por mor do elevado custo do servizo, que previsiblemente fará que non soliciten a axuda por non poder pagar o servizo.
Os socialistas critican duramente o que tampouco di a concelleira de benestar, que coa nova ordenanza pagarán máis as persoas cun maior grado de dependencia, insistindo en que o servizo de axuda no fogar para as persoas dependentes custará o dobre nos casos máis graves.
A concelleira socialista, María López, considera que a nova ordenanza do servizo de axuda no fogar do goberno local representa o cambio de modelo dos servizos sociais, pasando da solidariedade e universalidade, e de primar os criterios de necesidade, polos de rentabilidade económica.
A maior dependencia, maior pago do servizo de axuda no fogar.
Así , os socialistas destacan a inxustiza que supón que as persoas cos graos máis severos de dependencia sexan penalizados economicamente, incrementándolles a porcentaxe no custo do servizo. Así mesmo, persoas cuns ingresos superiores en máis do 500% do indicador de referencia utilizado, o IPREM, ven reducida a tarifa e pagarán menos da metade.
Caso real do custo no servizo de axuda no fogar
Os socialistas alertan do desproporcionado e inxusto baremo no que se fixan os custos de participación da persoa dependente no pago do servizo, cun caso real na cidade de Ferrol.
Unha persoa con grado de dependencia III, nivel II, a máxima, e unha pensión de 600€ paga ata o de agora, por 60 horas de servizo, 78 euros. Coa nova normativa que estase a tramitar pagará 141 euros. É dicir, cunha pensión mínima pagará case o dobre, e suporá que o 23,5 % dos ingresos deberá destinalos ao servizo de axuda no fogar.
Na outra cara da moeda, a maior capacidade económica, menos peso impositivo. Así, outra persoa co mesmo grado de dependencia, e máis de 2.660€ de pensión, abona polas mesmas horas de servizo 475,80€. Coa nova ordenanza soamente 211 euros. É dicir, que coa regulación dos populares, as persoas con máis recursos económicos, pagará menos. O que supón un 8% dos seus ingresos.