Os parlamentarios do BNG preguntan sobre a situación do Consorcio feiral de Ferrol

fimo-2Francisco Xesús Jorquera Caselas, Carlos Aymerich Cano, Monserrat Prado Cores e Ana Belén Pontón Mondelo, deputados e deputadas pertencentes ao Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), ao abeiro do disposto no Regulamento da Cámara, presentaron á mesa da Cámara do Parlamento Galego una pregunta para a súa resposta escrita, relativa á situación do Consorcio Pro-ferias de Ferrol.

Sinalan que o recinto feiral de Ferrol, o primeiro de cantos se construiron no país, está xestionado polo Consorcio Pro-Ferias e exposicións de Ferrol, un organismo que está participado pola Cámara de Comercio (55%) e o Concello de Ferrol (45%).

Na actualidade este organismo está a atravesar unha importante crise económica que o leva a arrastrar unha importante débeda.

Durante os últimos meses a dirección deste organismo procedeu a despedir a 5 traballadores/as do seu cadro de persoal, cuxos despedimentos están a ser declarados improcedentes pola xustiza, e os que quedan levan máis de 5 meses sen percibir o salario correspondente.

Diante desta situación à proposta do goberno local de Ferrol para darlle unha solución de futuro a este recinto e garantir a súa viabilidade pasaría por converter este organismo nunha Fundación na que participarían o Concello de Ferrol, a Cámara de Comercio, a Deputación de A Coruña e a Xunta de Galiza.

Asi mesmo e segundo manifestacións do propio goberno local de Ferrol está en funcionamento xa unha comisión técnica, formada polas catro administracións, para a constitución desta Fundación.

Polo dito os membros do grupo do BNG formulan as seguintes preguntas para a súa resposta por escrito.

1.- Ten recibido á Xunta de Galiza invitación para a constitución dunha Fundación que xestione o recinto feiral de Ferrol?.

2.- De ser así, ten valorado a Xunta a súa participación na mesma? Está negociando as condicións nas que participará?.

3.- Que prazo temporal manexa para que frutifiquen estas negociacións?.

 

Lea también

El centro cívico de Caranza contará con una nueva envolvente

El centro cívico de Caranza entrará en obras en las próximas semanas, tras la adjudicación …