O BNG reclama en Ferrolterra unha AP-9 galega e libre de peaxes cos seus candidatos ao Congreso e ao Senado

O Bloque Nacionalista Galego (BNG) de Ferrolterra mobilizouse este xoves nunha acción reivindicativa baixo o lema “AP-9 galega e libre de peaxes” para reclamar a supresión total do pagamento na autoestrada. No acto participaron o candidato ao Congreso, Manuel Polo, e a candidata ao Senado, Pilar Lozano, xunto a outros membros da formación nacionalista.
 
| BNG
Durante a súa intervención, Manuel Polo puxo en valor as bonificacións negociadas polo BNG nesta lexislatura, que permiten aos usuarios recorrentes aforrar até un 75 % no prezo da peaxe. Con todo, o candidato advertiu de que estas rebaixas deben ser só un paso intermedio. «Logramos a transferencia, agora imos a polo seguinte obxectivo: a gratuidade», declarou Polo, quen instou o Partido Popular a non poñer trabas na Comisión Mixta para concretar o traspaso da titularidade a Galiza canto antes.
 
O candidato nacionalista responsabilizou directamente o PP de que a infraestrutura continúe a ser de pagamento pola prórroga da concesión aprobada até o ano 2048. Tras cualificar a AP-9 como «a autoestrada máis cara do Estado» e un «lastre» para familias, persoas traballadoras, autónomas, pemes e transportistas, Polo comprometeuse a traballar para lograr a anulación desta prórroga, apoiándose nos pronunciamentos da Unión Europea que a consideran ilegal.
 

Lea también

Corte de tráfico en Neda, por obras en la pista de Liñares (Anca)

El avance de las obras incluidas en el proyecto de pavimentación del camino que va …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Responsable: Galicia Artabra Comunicaciones, S.L. Finalidad: gestionar su comentario. Legitimación: su consentimiento. Derechos: acceso, rectificación, supresión y otros, según la política de privacidad.