A Biblioteca municipal acolleu na tarde deste a presentación de A casa da Faísca, unha publicación do escritor e artista luso Manuel Patinha –nomeado hai uns anos Fillo adoptivo de Narón- e cun prólogo do tamén escritor Eduardo Fra Molinero.

A alcaldesa, Marián Ferreiro acompañoulle no acto e destacou a calidade literaria desta publicación, escrita en galego e castelán.
Sobre a mesma, Patinha destacou que conta “a idea dunha vida compartida, a actitude no día a día, como se desenvolven os acontecementos cotiás… transmitindo ao lector unha serie de sensacións”. Así mesmo, indicou que se trata dun libro “moi cru, que ten partes divertidas perso tamén está moi presente o drama cando se abordan temas como a enfermidade ou mesmo a morte”.


A publicación ten moi presente unha vivenda da Faísca, que aínda segue existindo, e conta con debuxos orixinais que aportan unha riqueza a maiores a esta obra, que constitúe a segunda parte, como indicou o autor, de “Álvaro”, adicado á súa familia de acollida naronesa, Divina e Álvaro.
A alcaldesa felicitou a Patinha por este último libro, no que novamente ten moi presente á cidade e destacou a posta en valor de numerosos valores vitais que se recollen nel partindo do recordo dunha vivenda. “Son mensaxes moi importantes para os lectores, que nos convidan tamén a reflexionar en como as persoas e os lugares deixan unha gran pegada en nós”, salientou, mpara finalmente desexarlle moitos éxitos ao autor con este novo traballo.

Galicia Ártabra Noticias de Ferrol y la comarca de Ferrolterra.