Pontedeume concede o título de Fillo Adoptivo a Manuel Pereira Abuín

O Concello renderalle unha homenaxe pública e concederalle a máxima distinción municipal pola súa dedicación profesional, proximidade e calidade humana, que deixaron unha fonda pegada en varias xeracións de eumeses e eumesas. O acto será o próximo venres 4 de decembro ás 19:30 horas na Casa da Cultura de Pontedeume. 

O Concello de Pontedeume concederá o título de Fillo Adoptivo a Manuel Pereira Abuín, en recoñecemento á súa destacada traxectoria profesional como médico e, especialmente, á súa dedicación, proximidade e compromiso coa veciñanza ao longo de toda unha vida de servizo á comunidade. A distinción, a máxima que pode outorgar a Administración municipal, seralle entregada nun acto público de homenaxe que terá lugar o próximo venres 4 de decembro ás 19:30 horas na Casa da Cultura. 

Con este nomeamento, o Concello quere poñer en valor non só a súa contribución ao ámbito sanitario, senón tamén a calidade humana e a profunda pegada que deixou na vida de numerosas familias eumesas, converténdose nunha figura de referencia e confianza para varias xeracións de veciños e veciñas. 

Durante a súa traxectoria profesional en Pontedeume, o doutor Pereira destacou por unha maneira de exercer a medicina marcada pola atención personalizada, a empatía e a proximidade cos seus pacientes. A súa disposición para atender as necesidades da veciñanza e a súa vocación de servizo fixeron del unha figura especialmente querida e respectada na vila. 

O expediente para a concesión desta distinción iniciouse por acordo plenario o pasado 28 de maio e continuou a súa tramitación conforme ao establecido no Regulamento municipal de Honras e Distincións. 

O alcalde de Pontedeume, Bernardo Fernández Piñeiro, sinala que «con este nomeamento queremos devolverlle, en forma de recoñecemento público, unha pequena parte de todo o que Manuel Pereira Abuín lle deu a Pontedeume. A súa traxectoria profesional e, sobre todo, a súa maneira de entender a medicina, desde a proximidade, a dedicación e a humanidade, fan del unha persoa merecedora desta distinción». 

O rexedor destaca tamén que este recoñecemento «representa o agradecemento de toda unha vila a unha persoa que estivo ao lado de moitas familias eumesas en momentos importantes das súas vidas, demostrando que a medicina é tamén unha forma de acompañar, escoitar e coidar das persoas». 

A concesión do título de Fillo Adoptivo busca así dar expresión institucional ao afecto e agradecemento que Manuel Pereira Abuín espertou entre a veciñanza, recoñecendo unha vida dedicada ao coidado dos demais e contribuíndo a preservar a súa pegada na memoria colectiva de Pontedeume. 

Lea también

O BNG reclama en Ferrolterra unha AP-9 galega e libre de peaxes cos seus candidatos ao Congreso e ao Senado

O Bloque Nacionalista Galego (BNG) de Ferrolterra mobilizouse este xoves nunha acción reivindicativa baixo o …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Responsable: Galicia Artabra Comunicaciones, S.L. Finalidad: gestionar su comentario. Legitimación: su consentimiento. Derechos: acceso, rectificación, supresión y otros, según la política de privacidad.