
Neda despide este venres 20 o ciclo cultural Tempo para o teatro con “Sophie non é o meu nome de guerra”, unha historia baseada en feitos reais que narra a dura viaxe dunha muller entre Camerún natal e A Coruña. A través da súa experiencia, aborda cuestións como o exilio, as políticas migratorias europeas, e a trata de mulleres con fins de explotación sexual. A proposta, prevista para ás 20:30 horas, na Casa da Cultura, marca o punto de partida da programación municipal do 25 N.
O Concello activa este martes na biblioteca municipal a venda de entradas (2 euros) para este espectáculo de teatro contemporáneo, dirixido por Laura Míguez e interpretado por Camille Hedouin e Alixa Ladson. A montaxe adapta o obra de Roberto Pascual, gañadora do Premio Rafael Dieste 2021 de textos teatrais.
O obxectivo principal do espectáculo, no co que o público acompañará á protagonista na súa travesía vital e no mapa, é falar da migración forzada, a través da vivencia persoal dunha muller que loita por ser libre, por amar e por ser amada. Unha historia que pon no centro a realidade da trata de mulleres con fines de explotación sexual.
A obra de Redrum teatro, que chega á vila da man da Rede Cultural da Deputación da Coruña, combina teatro textual, recursos audiovisuais e elementos poéticos. E marca o inicio da programación especial do Concello de Neda con motivo Díainternacional pola eliminación da violencia cara ás mulleres.
Galicia Ártabra Noticias de Ferrol y la comarca de Ferrolterra.