Con entrada libre, a función celebrarase a partir das 20:00 horas no auditorio.
A CoRral PoliAfónica do Aturuxo de Melpómene traerá este venres día 20 a Valdoviño as súas versións dos grandes clásicos do rock&roll.
Subiranse ao escenario do auditorio da casa da cultura ás 20:00 horas para ofrecer un espectáculo no que combinan música, teatro e moito humor. A entrada é libre e de balde ata completar aforo.
Carlos Mosquera «Mos» exercerá de director de escena deste grupo de 10 mulleres e homes que reinventan os clásicos do rock con letras de creación propia nas que contan con moito humor as súas historias do cotiá.
Entre os temas que se poderán escoitar na localidade non faltarán «Hai vén a panadeira» (Something Stupid de Sinatra), «O ximnasio» (Moonlight shadow de Mike Olfield), «O ñu» (Across the universe de The Beatles), «A neta do coxo» (Dust in the wind de Kansas), «O muro» (Another brick in the wall de Pink Floyd) ou «Elena Rivas» (Eleanor Rigby de The Beatles).
Galicia Ártabra Noticias de Ferrol y la comarca de Ferrolterra.
