Aberta a inscrición para as “VI Xornadas micolóxicas de Neda”, impulsadas pola Asociación Viriato e o Concello

A Asociación micolóxica Viriato e o Concello de Neda organizan esta semana a sexta edición “Xornadas micolóxicas de Neda”. Trátase dunha actividade gratuíta de iniciación ao mundo dos fungos e dos cogomelos, que se desenvolverá os días 20 e 21 de novembro. Dende hoxe luns e ata o xoves, ábrese o prazo de inscrición.

Foto Concello de Neda

Conforme ao esquema de entregas anteriores, haberá unha primeira xornada cunha compoñente máis teórica, que terá lugar o venres entre as 19 e as 21 horas na Casa das palmeiras, e unha saída de observación durante a mañá do sábado. Quen asista ás xornadas terá, entre outras cousas, a oportunidade de coñecer as diferencias entre fungos e cogomelos; saberán ademais un pouco máis sobre como se comportan na natureza e sobre a súa tipoloxía.

Ademais, na xornada aportaranse claves útiles para diferenciar os cogomelos que son comestibles dos que non o son, e porase o foco tanto naqueles que resultan máis perigosos pola súa toxicidade como nos comestibles máis abundantes na nosa comarca.

As explicacións dos expertos de Viriato acompañaranse coa tradicional mostra de exemplares. Na segunda xornada, durante a saída de campo (un paseo de observación á beira do Belelle, dende a área recreativa de Maciñeira ata o parque micolóxico da asociación) os participantes terán ocasión de comprobar todo o aprendido.

As persoas que queiran participar na actividade divulgativa poderán anotarse dende este venres ata o xoves 19 de novembro na biblioteca municipal de Neda (teléfono 981390233). As prazas serán limitadas.

Lea también

O inicio das obras de renovación do abastecemento e saneamento obrigan a pechar ao tráfico a rúa do Carreiro en Neda

O Concello de Neda informa de restricións ao tráfico rodado na rúa do Carreiro, tras …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Responsable: Galicia Artabra Comunicaciones, S.L. Finalidad: gestionar su comentario. Legitimación: su consentimiento. Derechos: acceso, rectificación, supresión y otros, según la política de privacidad.