A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, presentou xunto coa edil de Festas, Mar Gómez, os actos cos que o vindeiro 23 de novembro se celebrará o Día de Narón, festividade local.
Un ano máis, como se vén facendo dendo o ano 1993, a cudade celebra esta data para conmemorar que coincide coa da primeira acta oficial conservada do ano 1837.
A rexedora local animou ás veciñas e veciños a desfrutar das propostas programadas, que se desenvolverán en horario de mañá e tarde na praza 23 de novembro (en caso de choiva trasladaranse ao pavillón campo da Serra).
Entre as 11:30 e as 12:30 horas as persoas que se acheguen á citada ubicación poderán desfrutar de xogos populares e a partir das 12:30 horas dará comezo a actuación do grupo da Escola das cantareiras/pandereiteiras e da Banda de Gaitas do Padroado da Cultura do Concello de Narón.
Ao mediodía, entre as 13:00 e as 15:00 horas haberá degustación de callos e bolos preñados para todas as persoas que desexen probalos.
A festa continuará ao mediodía e pola tarde coa actuación do Dúo Trasnos, de música e baile tradicional, que pechará a programación do día 23 de novembro.
Enmarcado nos propios actos desta festividade está tamén a xa tradicional Gala do Deporte de Narón, que alcalza este ano a súa trixésimo sétima edición e na que se premiará aos mellores deportistas e clubes do ano, culminando co nomeamento do mellor deportista de Narón.
A cita será no Pazo da Cultura o venres 27 de novembro e dará comezo ás 21:00 horas. “É un día para que todas e todos amosemos en público o orgulloso pola nosa cidade, da súa historia e das súas tradicións, no que todos nos sintamos parte dela e desfrutemos xuntos dunha programación festiva”, recalcou a alcaldesa, Marián Ferreiro.
Galicia Ártabra Noticias de Ferrol y la comarca de Ferrolterra.