PSOE Ferrol esíxelle ao Concello que inicie a rehabilitación da casa de Carvalho Calero

O Goberno central vén de conceder unha axuda de 40.000 euros que a Administración local pode destinar tanto a obras como á redacción do proxecto básico ou o de execución. O Goberno de Ángel Mato elaborou no anterior mandato un anteproxecto que incluía a rehabilitación do inmoble e outros catro colindantes, tamén de propiedade municipal.

O Grupo Municipal Socialista vaille reclamar oficialmente ao Concello que impulse coa maior celeridade a rehabilitación da casa natal de Ricardo Carvalho Calero, na rúa San Francisco. Farao logo de ter coñecemento da concesión dunha subvención para tal fin por parte do Ministerio de Cultura.

Unha resolución da Secretaría de Estado de Cultura, con data do pasado 29 de outubro, fixa unha axuda directa de 40.000 euros que a Administración local pode destinar a fins como obras, a redacción do proxecto básico e proxecto de execución para a rehabilitación do edificio. No documento consta, ademais, que o pago anticipado desa cantidade realízase unha vez asinada a resolución, polo que o Concello pode facer uso dos fondos dun xeito inmediato.

Trátase dunha subvención compatible con outras axudas, ingresos ou recursos que se obteñan para a mesma finalidade, “procedentes de calquera administración pública ou entes públicos ou privados, nacionais, da Unión Europea ou de organismos internacionales”, polo que non compromete calquera outro tipo de financiamento. Para os socialistas, isto representa unha oportunidade que o Concello non pode perder.

O requisito é que o gasto se realice entre o 30 de decembro de 2026 e o 30 de xuño de 2027, mentres que a xustificación debe presentarse antes do 30 de setembro do vindeiro ano.

O Concello xa dispón dun anteproxecto para a rehabilitación da casa de Carvalho Calero e outros catro inmobles colindantes, tamén de propiedade municipal. Elaborouse durante a etapa de goberno de Ángel Mato, con Julián Reina á fronte da concellería de Urbanismo.

A Administración local ferrolá fíxose coa propiedade da casa con Vicente Irisarri como alcalde e o propio Mato como concelleiro de Urbanismo. Por tanto, os dous únicos pasos para a rehabilitación dun edificio tan representativo para a cidade déronse con gobernos socialistas.

Lea también

Ferrol homenaxea a cinco históricos representantes veciñais

O alcalde da cidade, José Manuel Rey Varela, presidiu o acto de entrega das distincións …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Responsable: Galicia Artabra Comunicaciones, S.L. Finalidad: gestionar su comentario. Legitimación: su consentimiento. Derechos: acceso, rectificación, supresión y otros, según la política de privacidad.