Leticia Rey presenta en Ferrol o seu último espectáculo «danza luz» nos Xoves da Capela

A actuación terá lugar este xoves na capela do Torrente Ballester. As entradas están xa á venda en Ataquilla ao prezo único de tres euros.

A cantante e compositora Leticia Rey actuará este xoves, día 5, na Capela do Torrente Ballester, a partir das 20.30 horas, dentro do ciclo Os Xoves da Capela.

Considerada unha das voces destacadas do panorama musical galego, Leticia Rey ofrecerá unha proposta na que amosará a súa faceta como cantante e compositora, acompañada por un grupo de grandes músicos. A artista lanzou o pasado 17 de outubro un novo single Terás que vir e bailar, canción que deu avance a Danza Luz e que chega as plataformas de música o 17 de novembro.

Danza Luz é o seu último espectáculo, unha representación que vai máis alá do que é un concerto, onde combina música en directo, cancións compostas en galego por ela mesma, sumándolle danza, e remata cun coloquio co público para comentar sensacións e proxecto de creación da peza. Un espectáculo que propón unha experiencia escénica na que a música convive con outras linguaxes artísticas. O xogo de luces e sombras constitúe un dos elementos centrais da posta en escena, acompañado dun vestiario creado especificamente para o espectáculo.

A artista estará acompañada por Iago Mouriño ao teclado, Vadim Yukhnevich ao acordeón e Benxamín Otero ao corno inglés e caixa de música. A duración aproximada deste concerto é de 75 minutos, e as entradas poden adquirirse nas billeteiras do Jofre e na web de Ataquilla.

Lea también

Exponav Ferrol alberga una conferencia dedicada a la huella histórica de los departamentos marítimos.

Una conferencia y una mesa redonda conmemoran el 300º aniversario de una decisión clave que …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Responsable: Galicia Artabra Comunicaciones, S.L. Finalidad: gestionar su comentario. Legitimación: su consentimiento. Derechos: acceso, rectificación, supresión y otros, según la política de privacidad.