‘Tempo para o teatro’ achega a Neda o monólogo tráxico e irreverente “Oh, mammi blue”

O Concello de Neda vén de iniciar a venda as entradas para o espectáculo.

‘Oh, mammi blue’ | Fuente Concello de Neda

O ciclo cultural ‘Tempo para o Teatro’ achega este venres 5 a Neda a obra “Oh, mammi blue”, un monólogo tráxico, cargado de humor, que comeza nas primeiras horas dun parto coa sensación de que algo vai saír mal. O Concello acaba de activar a venda de entradas para a obra na biblioteca municipal.

Protagonizada pola actriz Helena Varela, e con guión e dirección de Noemí Rodríguez, a peza ofrece “a través dunha posta en escena innovadora e visualmente impactante, un testemuño único e luminoso sobre a perda, o trauma, o amor e a supervivencia”.

A obra, que poderá desfrutarse a partir das 20:30 horas na Casa da Cultura, parte presenta unha serie de incidentes e erros cos que a protagonista se compromete ata a fin e, como apuntan conta “cun desenlace inesperado que cambiará a súa vida e a dos que a rodean para sempre”. “Oh mammi blue” aborda tabús e reflicte “as dúbidas, a beleza, o terror e a culpa que acompañan a experiencia da maternidade”.

As entradas para o espectáculo da compañía Cinema Sticado, que chega á vila da man da Rede cultural da Deputación da Coruña e vai dirixido a dirixido a maiores de 16 anos, saen á venda ao prezo de 2 euros.

Lea también

Cerca de medio millar de personas recorrieron la Senda das Ánimas de Neda

Cerca de medio millar de personas, la mayoría niños han recorrido este atardecer la Senda …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Responsable: Galicia Artabra Comunicaciones, S.L. Finalidad: gestionar su comentario. Legitimación: su consentimiento. Derechos: acceso, rectificación, supresión y otros, según la política de privacidad.