GALP Golfo Ártabro Norte inaugura en Ferrol a exposición itinerante do certame escolar de debuxo «A miña peixeira e máis eu»

O GALP Golfo Ártabro Norte vén de inaugurar a primeira das exposicións itinerantes do certame escolar de debuxo «A miña peixeira e máis eu», unha actividade enmarcada no seu Plan de Animación 2026. O acto tivo lugar no Espazo Gastronómico da Peixería de Ucha, en Ferrol, onde a mostra permanecerá aberta ao público ata o vindeiro 12 de novembro.

Espazo Gastronómico da Peixería de Ucha-Ferrol | Foto GALP Golfo Ártabro Norte

A exposición recolle unha selección das 176 propostas presentadas entre debuxos e collages, a través das cales a rapazada da comarca amosa a súa particular visión sobre o traballo das peixeiras, a importancia dos mercados municipais e a posta en valor do sector pesqueiro tradicional.

A selección foi realizada polo xurado conformado por Pepe Barro, deseñador, Sofía Piñeiro, pintora e Carme Romero, ceramista, que se reuniu o pasado vernes para deliberar entre os traballos do alumnado de 6 centros.

Tras o seu paso por Ferrol, a exposición itinerante continuará o seu percorrido polo: Mercado Municipal de Mugardos (do 16 ao 23 de novembro), e Mercado de Pontedeume ( do 24 ao 30 de novembro).

Para complementar e enriquecer a mostra visual, as exposicións contar coa colaboración das Confrarías de Pescadores de Ferrol, Mugardos e Pontedeume, que cederon diversos aparellos tradicionais de pesca e marisqueo para achegar este oficio de maneira máis preto aos visitantes. Dende o GALP Golfo Ártabro Norte queredérese trasladar un agradecemento especial aos Concellos de Ferrol, Mugardos e Pontedeume, ás Confrarías, así como á empresa local Galatea Ferrol SL pola súa valiosa colaboración no  desenvolvemento do proxecto.

Así mesmo, a entidade quixo destacar a implicación e o compromiso de toda a comunidade educativa e os centros escolares participantes en cada localidade: En Ferrol: CEE Terra de Ferrol, CPR San Rosendo, CEIP de Esteiro e CEIP Juan de Lángara;  En Mugardos: CEIP Unión Mugardesa; En Pontedeume: CEIP Plurilingüe de Andrade.

A eles sumouse tamén a participación da candidatura espontánea do Estudo de Susana Bermejo, coa implicación de alumnado do CPR San Rosendo, CPR Jesús Maestro e CEIP Cruceiro de Canido.

O GALP convida a toda a veciñanza e visitantes a achegarse aos mercados municipais para gozar da creatividade da nosa infancia e apoiar ao mesmo tempo o comercio local e a cultura mariñeira.

Lea también

Padre e hijo agredidos en Ferrol por un joven y su progenitor niegan rencillas previas: «Se cebaron»

Un padre y un hijo al que, presuntamente, otro joven y su progenitor agredieron en …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Responsable: Galicia Artabra Comunicaciones, S.L. Finalidad: gestionar su comentario. Legitimación: su consentimiento. Derechos: acceso, rectificación, supresión y otros, según la política de privacidad.