COFER organiza un curso sobre o uso profesional de WhatsApp como canle de venda

A formación, en colaboración co Concello de Ferrol, celebrarase o 17 de novembro e ofrecerá recursos prácticos para mellorar a comunicación dixital e a xestión comercial dos negocios.

A Confederación de Empresarios de Ferrolterra, Eume e Ortegal (COFER), en colaboración co Concello de Ferrol, organiza o curso “Uso profesional de WhatsApp como canle de venda: Comunicación dixital práctica para empresas”, unha acción formativa gratuíta orientada a mellorar as competencias dixitais e comerciais de persoas emprendedoras, autónomas e responsables de pequenos negocios.

A formación ten como obxectivo proporcionar coñecementos e ferramentas prácticas para integrar WhatsApp na estratexia comercial das empresas, convertendo esta aplicación nunha canle directa e eficaz para a captación, fidelización e conversión de clientela.

O curso desenvolverase o próximo 17 de novembro, en horario de 09.30 a 13.30 horas, cunha duración total de catro horas. A sesión será presencial e terá lugar na sede de COFER en A Malata, situada no Edificio de Usos Múltiples de Punta Arnela, segunda planta, en Ferrol. A formación será impartida por Item-Aga, S.L.

Cun enfoque eminentemente práctico, a xornada abordará as diferenzas entre o alcance das redes sociais convencionais e o impacto da mensaxería directa, así como o deseño de mensaxes adaptadas a obxectivos comerciais concretos e as estratexias para captar subscritores e fidelizar o público obxectivo.

A metodoloxía combinará os contidos teóricos fundamentais con dinámicas participativas e exercicios aplicables ao día a día dos negocios, co propósito de que as persoas asistentes poidan incorporar os coñecementos adquiridos á súa propia actividade empresarial e mellorar os seus resultados comerciais.

Esta iniciativa enmárcase na aposta de COFER e do Concello de Ferrol por impulsar a dixitalización do tecido empresarial, facilitando ás empresas e aos profesionais ferramentas accesibles que lles permitan mellorar a súa comunicación cos clientes e aproveitar as oportunidades que ofrece a contorna dixital. A inscrición é gratuíta e as prazas son limitadas. A formación está dirixida a persoas traballadoras por conta allea, propia e desempregadas.

As persoas interesadas poden formalizar a súa inscrición a través da web https://cofernet.com/ou solicitar máis información nos teléfonos 981 333 305 e 981 333 322.

Lea también

Rueda celebra la «primera autorización» para que SAIC llegue «a buen puerto» en Ferrol

El presidente de la Xunta, Alfonso Rueda, ha celebrado como «una buena noticia» que el …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Responsable: Galicia Artabra Comunicaciones, S.L. Finalidad: gestionar su comentario. Legitimación: su consentimiento. Derechos: acceso, rectificación, supresión y otros, según la política de privacidad.