O Campus de Ferrol acolle dous obradoiros centrados na música tradicional galega

A Área de Cultura da Universidade da Coruña (UDC) organiza estas dúas propostas gratuítas, nas que as persoas participantes poderán aprender a construír un pandeiro cadrado e iniciarse no canto tradicional acompañado de percusión de man.

 

A Sala Multiusos do Centro Cultural Universitario do Campus Industrial de Ferrol acolle, durante os meses de novembro e decembro, dous obradoiros prácticos dentro do programa Laboratorio de Patrimonio Material e Inmaterial Galego, impulsado pola Área de Cultura da Universidade da Coruña (UDC) e que busca promover o coñecemento, a conservación e a transmisión dos saberes vinculados á cultura tradicional galega.

O primeiro obradoiro, titulado Construción dun pandeiro cadrado, terá lugar este martes 3 de novembro, de 16:00 a 20:00 horas. As persoas participantes aprenderán a elaborar o seu propio pandeiro cadrado tradicional de pel. Farano da man de Xosé Maceda quen conta cunha ampla traxectoria como músico, docente e artesán. Vinculado a formacións como Quempallou, iniciou a súa actividade artesanal en 2008 e especializouse na construción de instrumentos de percusión tradicional galega. Na actualidade, centra boa parte do seu traballo na elaboración de pandeiros cadrados e na reprodución de modelos antigos.

O segundo obradoiro, titulado Achegamento ao canto tradicional acompañado con percusión de man, terá lugar o martes 1 de decembro, de 17:00 a 18:30 horas. Trátase dunha proposta práctica que lle permitirá ás persoas participantes descubrir o repertorio vogal da tradición oral galega a través do canto acompañado de instrumentos de percusión de man.

Para asistir, deberán levar un instrumento ou obxecto que poida empregarse como percusión, como unha pandeireta, unhas cunchas, unha botella de anís ou mesmo tres culleres. O obradoiro será impartido pola intérprete, docente e investigadora especializada en música de tradición oral galega, Carmen López Fernández.

O dous obradoiros están dirixidos á comunidade universitaria e abertos ao público xeral interesado. Ambas as dúas actividades son gratuítas e contan con prazas limitadas, que se cubrirán por rigorosa orde de inscrición. Para obter máis información, as persoas interesadas poden enviar un correo electrónico a cultura.ferrol@udc.es ou ben chamar ao 881 01 3697.

Inscrición no obradoiro Construción dun pandeiro cadrado – martes 3 de novembro, de 16:00 a 20:00 horas, no Centro Cultural Universitario do Campus Industrial de Ferrol.

Enlace- Inscrición no obradoiro

Lea también

La UDC diseña una estrategia para orientar su oferta de titulaciones a los retos sociales y científicos

La Universidade da Coruña (UDC) ha diseñado su primera ‘Estrategia de Titulaciones’ con el objetivo …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Responsable: Galicia Artabra Comunicaciones, S.L. Finalidad: gestionar su comentario. Legitimación: su consentimiento. Derechos: acceso, rectificación, supresión y otros, según la política de privacidad.