A Asociación Cultural Vai Rañala Meu! organiza o II Encontro de Cantos de Taberna de Sedes (Narón)

A Asociación Cultural Vai Rañala Meu! organiza o II Encontro de Cantos de Taberna de Sedes. Os actos celebraranse este sábado 10 de outubro cunha xornada na que participaran 3 agrupacións da comarca.

A Xornada terá lugar no Centro Cívico Social de Sedes e nela participarán tres agrupacións adicadas ao cantos de taberna da nosa comarca.

A partir das 19:30 horas iniciarase este II Encontro de Cantos de Taberna de Sedes coa actuación do grupo de “Cantos de Taberna de Moeche”, que chegan dende o veciño concello de Moeche con unha única pretensión, facernos pasar un bo intre entorno a un repertorio popular e divertido.

A continuación chegará o turno do grupo pertencente á recoñecida entidade ferrolá “A Escola da Vaca” “Vandevaranda” Logo será a quenda da agrupación anfitrioa, Os Cantos de Taberna de Sedes da A.C. Vai Rañala Meu!. Foliadas, xotas, muiñeiras, pasodobres, toda unha amalgama de ritmos autóctonos interpretados por voces e instrumentación creando un ambiente propicio para o baile.

A entrada é libre e de balde e dende a A.C. Vai Rañala Meu! quérese convidar a todas as persoas amantes da nosa tradición e da música en xeral a desfrutar con nós dunha tarde de música, canto e convivio.

A actividade está organizada pola Asociación Cultural Vai Rañala Meu! e conta coa colaboración da Área de Cultura da Deputación da Coruña.

Lea también

O Censo Electoral estará exposto ao público en Narón do 12 ao 19 de outubro

A consulta pode facerse na Oficina de Atención ao Cidadán do Concello, na sede electrónica …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *