O Censo Electoral estará exposto ao público en Narón do 12 ao 19 de outubro

A consulta pode facerse na Oficina de Atención ao Cidadán do Concello, na sede electrónica do INE ou na súa delegación na Coruña.

Concello de Narón

O Concello de Narón informa de que o Censo Electoral estará exposto ao público do luns 12 ao luns 19 de outubro, con motivo da convocatoria das Eleccións ás Cortes Xerais, que se celebran o domingo 29 de novembro.

O prazo ábrese en cumprimento do artigo 39 da Lei Orgánica 5/1985, do 19 de xuño, do Réxime Electoral Xeral, e permite á veciñanza comprobar se os seus datos figuran correctamente e, de non ser así, presentar a reclamación oportuna.

Quen o desexe pode consultar o censo de forma presencial na Oficina de Atención ao Cidadán do Concello de Narón, situada na planta baixa, de luns a venres en horario de 08:30 a 13:30 horas. Ao ser festivo o luns 12, a oficina atenderá do 13 ao 19 de outubro, excepto a fin de semana. Tamén está disponible para consulta na sede electrónica do Instituto Nacional de Estatística (INE) e na Delegación Provincial do INE na Coruña.

Para calquera dúbida, o INE ten habilitado o teléfono gratuíto 900 343 232, que atende de luns a venres en horario de 09:00 a 14:00 horas.

O Concello de Narón anima a veciñanza a revisar os seus datos dentro do prazo, xa que, unha vez pechado, non será posible presentar reclamacións.

Lea también

«Memorias dun neno labrego» abre en Narón unha nova edición da MOTIX

Cunha programación para máis de trinta centros de ensino ata o 2 de decembro, esta …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *