Cita este domingo cun Feirón en Valdoviño que suma o teatro de monicreques á súa oferta

O mercadillo regresa á Porta do Sol durante toda a mañá.

Valdoviño celebrará este domingo 26, último do mes, o seu tradicional feirón. A Porta do Sol acollerá o mercadillo durante toda a mañá, organizado pola Asociación de Mulleres do Rural María del Mar Becerra co apoio do Concello.

Os postos de venda ambulante ofrecerán unha ampla variedade de produtos, dende roupa e complementos ata alimentación ou produtos da horta.

Así mesmo, desta volta suma un reclamo máis, xa que a Concellería de Cultura programará ás 12:30 horas un dos espectáculos do Festival Internacional de Entes Animados. A compañía brasileña Heliodora, de Fabio Superbi, regresa ao municipio coa súa peza «Barbacena«, un espectáculo de teatro de figuras, monicreques de fíos e obxectos.

 

Lea también

Valdoviño celebra una nueva edición del Día de la Bicicleta

El Ayuntamiento de Valdoviño cerrará el calendario deportivo del mes de septiembre, el domingo 27 …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *