A Xunta destaca o papel das Casas do Maior á hora de prestar unha atención de calidade e próxima no rural

O obxectivo é acadar o próximo ano os 158 recursos destas características o que suporían 800 prazas de atención diúrna para a Terceira Idade.

Martina Aneiros visitou esta mañá a casa do maior Anduriña, en Valdoviño, acompañada pola promotora das instalacións | Fot. Xunta

A delegada da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, visitou esta mércores a casa do maior Anduriña, en Valdoviño, onde compartiu a mañá cos cinco usuarios deste servizo financiado polo Goberno galego.

Durante a visita, na que estivo acompañada pola promotora das instalacións, Sonia Fernández, Aneiros destacou a importancia que teñen este tipo de servizos “á hora de achegar aos municipios pouco poboados do rural, unha prestación fundamental para a atención á Terceira Idade, evitando que os maiores se teñan que desprazar longas distancias para acceder a eles”. A responsable autonómica lembrou que nas casas do maior préstase unha atención personalizada a un máximo de cinco persoas por casa, ata oito horas diarias de luns a venres, unha atención que se ofrece “con flexibilidade horaria e favorecendo a permanencia das persoas en situación de dependencia no seu entorno”, dixo.

Momento da visita á Casa do Mayor Anduriña | Fot. Xunta

Referiu ademais que o Goberno galego destina este ano máis de medio millón de euros para a creación de 10 novas casas do maior en Galicia co obxectivo de acadar os 158 recursos o próximo ano, de forma que se poidan ofrecer 800 prazas totalmente gratuítas de atención diúrna en toda a comunidade autónoma.

Actualmente, no ámbito territorial da Delegación de Ferrol operan un total de sete casas do maior -Monfero (1), Valdoviño (1), As Somozas (1), Moeche (2) e Cariño (2)-. As casas do maior contan un máximo de cinco prazas cada unha e, como incidiu Aneiros, “son recursos esenciais non só para o coidado dos maiores, senón tamén para a conciliación e a creación de postos de traballo nas zonas rurais”.

Momento da visita á casa do mayor Anduriña| Fot. Xunta

A convocatoria de axudas deste ano contempla, igual que as anteriores, un complemento semanal adicional para aqueles casos nos que as persoas promotoras estean de baixa laboral e un abono de 10 euros por persoa e día para aquelas casas do maior que asuman o desprazamentos dos usuarios.

Lea también

Juan Galán presenta en Neda o ensaio “Rotspanier” sobre o exilio en Francia dos republicanos españois

A biblioteca municipal de Neda acolle o xoves 12 de novembro, a partir das 19:30 …