A Asociación Cultural Vai Rañala Meu! organiza unha nova edición do Foliada de Sedes (Narón)

A Asociacións Cultural Vai Rañala Meu! organiza para o vindeiro sábado 19 de setembro a IV edición da “Foliada de Sedes” para celebrar un ano máis a nosa tradición musical.

“Alagrabía» | Fuente Asociacións Cultural Vai Rañala Meu!

A actividade, que vén cargada dun completo programa de actos, terá lugar na nave do Recinto Feiral do Trece comezará ás 10:00 horas cun Obradoiro de Construción de Pandeiro, impartido por Andrés Balbona, reputado artesán da comarca de instrumentos de percusión tradicional e para o que quedan moi pouquiñas prazas. As 13:30 horas o grupo de baile tradicional de Nós (Oleiros), “Os Rueiriños”, animará a Foliada Miúda en sesión vermú ata o xantar.

Luís Prego| Fuente Asociacións Cultural Vai Rañala Meu!

A partir das 14:30 horas poderase desfrutar do xantar a base churrasco e callos veganos a prezos populares, para elo haberá un espazo deseñado para tal fin con mesas e cadeiras para as persoas asistentes. A actividade continuará despois do xantar, ás 17:00 horas, cun dos pratos fortes da xornada, coa representación do espectáculo teatral para público familiar “Monstros no Camiño” por parte da aclamada compañía Teatro dos Ghazafelhos. A entrada é de balde.

A partir das 18:00 horas Luís Prego (recoñecido mestre e investigador sobre o folclore galego), impartirá un obradoiro de baile tradicional, que será de acceso libre e de balde, e está enfocado a público de niveis de iniciación e intermedio.

A Foliada abrirase ás 20:00horas coa actuación do grupo de música tradicional Tríade (Vigo), seguidos de Algarabía (Valdoviño) e Argalleiros (Sigüeiro). E logo foliada libre ata que o corpo aguante. A partir das 20:00 horas haberá tamén a posibilidade de cear no propio lugar da foliada.

«Tríade» | Fuente Asociacións Cultural Vai Rañala Meu!

A actividade esta organizada pola Asociación Cultural Vai Rañala Meu! é conta co colaboración da Área de Cultura da Deputación da Coruña da Asociación Cultural Xebra e do Concello de Narón.

«Argalleiros» | Fuente Asociacións Cultural Vai Rañala Meu!
“Os Rueiriños” | Fuente Asociacións Cultural Vai Rañala Meu!

Lea también

Ferrol celebra a segunda ‘Muiñada’ este próximo sábado día 12

Cites Ferrol volve a organizar esta singular iniciativa. Ferrol acollerá este sábado 12 de setembro …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *