Membros do goberno local, representantes dos grupos municipais, persoal do Concello e veciñanza concentráronse ás portas da casa consistorial.

O Concello de Narón gardou esta tarde un minuto de silencio diante da porta da casa consistorial en sinal de apoio e
respecto ás vítimas do accidente ferroviario de Urda (Toledo) e a todas as persoas afectadas por el.
A concentración celebrouse ás 20:00, a mesma hora á que se detiveron os concellos en resposta á convocatoria da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), á que se sumou tamén a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP). Narón uniuse así a un acto de homenaxe compartido polo conxunto do municipalismo.
Membros do goberno local e representantes dos catro grupos municipais – Tega, PP, BNG e PSdeG-, participaron no minuto de silencio acompañados por traballadores municipais e por veciñanza que quixo achegarse ata o Concello.
As bandeiras da casa consistorial ondearán a media asta durante os tres días de loito oficial decretados polo Goberno de España, que se prolongarán o 29, 30 e 31 de outubro.
Con este xesto, o Concello de Narón quere trasladar o seu pesar e a súa solidariedade ás familias e amizades das vítimas, así como ás persoas feridas e a todas as afectadas pola traxedia.
Galicia Ártabra Noticias de Ferrol y la comarca de Ferrolterra.