Narón ultima a celebración do Mercado de Segunda Man

As persoas interesadas en participar poden presentar a solicitude ata o 20 de novembro. As prazas adxudicaranse por orde de inscrición, con preferencia para as empadroadas no concello.
 
Foto. fuente Concello de Narón
 
O Concello de Narón abre o luns 2 de novembro, ás 8:30 horas, o prazo de inscrición para participar no Mercado de Segunda Man, que se celebra o domingo 29 de novembro no recinto feiral do Trece. A actividade desenvolverase de 10:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:00 horas.
 
En total, haberá 70 prazas destinadas a particulares maiores de idade. Quedan fóra da actividade as persoas comerciantes e as vendedoras ambulantes. Tampouco se poderán vender artesanía, animais, produtos alimenticios nin bebidas.
 
As solicitudes pódense presentar ata o venres 20 de novembro, ás 13:30 horas, no Rexistro Xeral do Concello de Narón, en horario de 8:30 a 13:30 horas, ou a través da sede electrónica. Tamén serán válidas as presentadas en calquera dos lugares e rexistros recollidos na Lei.
 
Para formalizar a inscricións, hai que empregar o formulario normalizado, dispoñible na sede electrónica municipal, no apartado “Información pública – Actividades”. Se ao rematar o prazo quedasen postos vacantes, o Concello poderá admitir solicitudes fóra de prazo. As prazas adxudicaranse por rigorosa orde de inscrición, e terán preferencia as persoas empadroadas en Narón. Se quedasen sen cubrir postos, ocuparanos as persoas non empadroadas, seguindo igualmente a orde de entrada das solicitudes.
 
Entre o 23 e o 25 de novembro comunicaráselles a súa participación ás persoas admitidas, por teléfono ou vía correo electrónico, e o Concello publicará na súa web a listaxe de admitidas e suplentes.
 
As persoas participantes comprometeranse a achegar cando menos catro quilos de alimentos ou de produtos de limpeza para o Centro de Recursos Solidarios de Narón.
 
A montaxe dos postos farase o sábado 28 de novembro, de 18:00 a 21:00 horas, e o domingo 29, de 8:00 a 10:00 horas, antes da apertura das portas.

Lea también

Fillas de Cassandra presentan o seu novo disco “Tertúlia” no Pazo da Cultura de Narón

Unha das propostas galegas máis recoñecidas do momento chega a Narón cun directo no que …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Responsable: Galicia Artabra Comunicaciones, S.L. Finalidad: gestionar su comentario. Legitimación: su consentimiento. Derechos: acceso, rectificación, supresión y otros, según la política de privacidad.