A famosa cantante, bailarina e creadora de contido infantil de orixe arxentino, Luli Pampín, trae ao Auditorio de Ferrol Álvaro Lamas este venres 30 de outubro ás 17:00 horas o seu espectáculo El libro musical, unha proposta pensada para toda a familia, chea de música, humor e fantasía.
Neste novo show para toda a familia, Luli, sempre acompañada pola súa amiga fiel A Radio Máxica, adéntrase no mundo dunha biblioteca.
Alí descubrirá que os libros levan tempo pechados e visítaos un misterioso personaxe chamado Polvoso, que fai que as páxinas olvidadas queden pouco a pouco vacías e sen nada que contar.
É entón cando Luli proponse a aventura de crear un libro musical que sempre estea aberto, cheo de alegría e luz.
O libro musical está cheo de cancións e dos personaxes máis entrañables que as habitan, e deixa unha directa invitación a volver aos camiños da lectura.
Cunha escenografía espectacular e moitos cambios de disfraces, Luli e os seus bailaríns contan unha historia ambientada nunha libraría onde os libros abandonados están cubertos de po.
A mensaxe que Luli quere transmitir é a importancia da lectura e da imaxinación, como di ela, “o libro é un compañeiro de aventura, que nos conta. historias e nos fai viaxar coa fantasía”.
A duración aproximada deste espectáculo é de 90 minutos, e as entradas poden adquirirse nas billeteiras do Jofre e na web de Ataquilla.
Galicia Ártabra Noticias de Ferrol y la comarca de Ferrolterra.