A Xunta apoia a actividade cultural en Pontedeume e Fene

Anxo Lorenzo visitas las obras realizadas en la casa de la cultura de Pontedeume.O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, visitou a Casa da Cultura de Pontedeume e a Casa da Cultura de Fene, dous dos equipamentos culturais de Galicia que recibiron axudas da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para o acondicionamento e mellora destes espazos.

Durante as visitas, o secretario xeral estivo acompañado polo xefe territorial da Consellería, Indalecio Cabana, e polos alcaldes dos municipios de Pontedeume e de Fene, Gabriel Torrente e Gumersindo Galego, respectivamente, que o informaron da actividade cultural que se vén programando nos concellos a través destes espazos.

Favorecer a oferta cultural no ámbito local

A Consellería de Cultura e Educación, co fin de contribuír ao axeitamento e mellora da rede de equipamentos culturais existentes en Galicia e de favorecer a capacidade de desenvolver actividades no ámbito local, convoca anualmente dúas liñas de axuda, dirixidas, por unha banda, ás entidades municipais e ás súas entidades públicas con personalidade xurídica propia e, por outra, ás entidades sen fin de lucro (fundacións e asociacións) con programación cultural estable.

O investimento nestas axudas en 2012 ascendeu a preto de 800.000 euros, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013, e foi tramitado mediante dúas ordes de subvención en concorrencia competitiva como garantía de igualdade de oportunidades no acceso ás axudas públicas. En total, as axudas fóronlles concedidas a un total de 127 concellos de toda Galicia, entre os que tamén se encontran municipios como Narón ou San Sadurniño.

Con estas liñas de actuación a Xunta de Galicia favorece un uso máis amplo das instalacións e atende as novas necesidades que requiren as diferentes tipoloxías de actividades programadas nos diversos espazos, ademais de garantir un acceso universal a elas mediante as axudas á supresión de barreiras arquitectónicas.

Lea también

Pontedeume ten lista a 1ª fase da reforma da piscina municipal. O orzamento roda os 300.000€

O Concello de Pontedeume xa ten redactado o proxecto da primeira fase da reforma da …