A UDC reforza en Equiocio Ferrol o seu compromiso coa innovación, co benestar e máis coa sociedade

A Universidade da Coruña (UDC) está a participar na 35ª edición de Equiocio Ferrol, do 6 ao 9 de agosto, no Campo das Cabazas (Covas), cun espazo expositivo propio no que amosa a súa oferta académica, a actividade investigadora e innovadora do Campus Industrial de Ferrol, así como boa parte dos seus programas e servizos de responsabilidade social.

Fuente UDC/ A vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social, Ana Ares, e a técnica da UDC Saudable, Cristina Martínez, no expositor da Universidade da Coruña (UDC) en Equiocio Ferrol.

Ao longo destes días, o público asistente poderá coñecer iniciativas como a UDC Saudable, o programa Espazo Compartido, a Clínica Xurídica, o programa Afrontemos e a Oficina de Cooperación e Voluntariado (OCV), ademais de varios dos proxectos de investigación desenvolvidos en áreas estratéxicas para o Campus Industrial de Ferrol como son a industria intelixente, os materiais avanzados, a enerxía, a enxeñaría naval, a sustentabilidade ambiental ou a transformación dixital.

A colaboración da institución herculina complétase con tres charlas abertas ao público centradas no compromiso social, a xestión saudable do tempo e a saúde mental. Estarán impartidas pola vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social, Ana Ares, pola estudante do grao en Terapia Ocupacional, Elena Pernas, e máis pola técnico da UDC Saudable, Cristina Martínez.

Lea también

A Facultade de Ciencias do Traballo achega ao alumnado de 1º curso á realidade profesional dos seus egresados

O encontro, organizado no marco do Plan de Acción Titorial (PAT), reunirá, o mércores 23 …