Inscricións abertas en Valdoviño no roteiro guiado ao Funil

Con prazas limitadas, debe formalizarse na casa da cultura ou 981 48 76 66.

O Concello de Valdoviño organiza este xoves 23 de xullo unha ruta guiada ao Funil, un lugar da parroquia de Pantín con moito encanto e historia.

Será pola tarde, con saída ás 18:30 horas dun punto do que informará a concellería de Cultura ás persoas que formalicen a inscrición. Con prazas limitadas, o prazo para anotarse ábrese hoxe e manterase ata o mércores de 10:00 a 13:00 horas.

O trámite debe realizarse na casa da cultura ou no teléfono 981 48 76 66. A actividade, incluída no programa III Valdolingua IV Día do Orgullo Neofalante, conta co apoio da Secretaría Xeral da Lingua. O Funil ou Alfunil deriva da palabra árabe Alfolí, e significa almacén de sal. Na zona aínda podemos atopar restos das antigas construcións nas que se gardaba o considerado ouro branco.

Un produto moi prezado antigamente, xa que permitía a conservación dos alimentos por longas tempadas. A estes almacéns podíase acceder a través dun embarcadoiro que servía de base non só para o transporte de mercadorías senón tamén para o de persoas, aló polo século XVIII, aínda que posiblemente as infraestruturas fosen moi anteriores. No primeiro terzo do século pasado, perden a súa funcionalidade.

Lea también

El XXXIV Torneo de Fútbol Concello de Valdoviño se jugará el 22 y 23 de agosto

En marcha los preparativos del XXXIV Torneo de Fútbol Ayuntamiento de Valdoviño. El concejal de …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *