As Pontes vivirá a final do Mundial nunha pantalla xigante na Praza do Carmen

O Concello das Pontes convida á veciñanza a gozar este domingo 19 de xullo, da retransmisión en directo da final do Mundial de fútbol entre España e Arxentina, que poderá seguirse a partir das 20:30 horas nas pantallas xigantes da Orquestra París de Noia, instaladas na Praza do Carmen.

Fuente Concello de As Pontes

Esta cita deportiva coincidirá coa celebración do día grande das Festas do Carme, unha das xornadas máis destacadas do programa festivo, polo que o Concello aposta por complementar a programación lúdica coa posibilidade de seguir un dos acontecementos deportivos máis relevantes do ano.

Co obxectivo de garantir o correcto desenvolvemento desta cita deportiva e da verbena posterior, durante a tarde levaranse a cabo diferentes traballos de preparación da Praza do Carmen.

Así, a sesión vermú rematará arredor das 16:15 horas, permitindo iniciar as tarefas de limpeza e acondicionamento do espazo, a retirada do escenario empregado durante a sesión vermú, a montaxe das pantallas do escenario da Orquestra París de Noia e a instalación dunha zona con cadeiras para que o público poida seguir o encontro con comodidade.

Os toldos abriranse ás 20:30 horas, coincidindo co inicio da retransmisión da final. Unha vez rematado o partido, dará comezo a verbena prevista para esa noite.

Desde o Concello das Pontes solicítase a colaboración e comprensión da veciñanza, respectando os horarios establecidos e facilitando os traballos de montaxe e acondicionamento, co fin de que todas as persoas poidan gozar dunha xornada na que deporte e festa compartirán protagonismo nas mellores condicións de seguridade e organización.

Lea también

Gran éxito de la XXXV edición de A Festa do Pan de Neda

El director de Navantia Ferrol ha inaugurado oficialmente la XXXVI Festa do Pan de Neda …