O Concello de Neda organiza este xoves unha charla en materia de saúde relacionada coa eclipse solar total, que terá lugar o 12 de agosto.
A iniciativa, froito da colaboración de Portela ópticos, busca evitar que a veciñanza poña en perigo a súa visión por mor de desfrutar do esperado evento astronómico. Será unha sesión informativa breve, titulada “A eclipse solar na túa retina: anatomía dunha lesión invisible”, que terá lugar a partir das 19 horas, na Casa das Palmeiras.
No encontro ofrecerase á cidadanía información rigorosa e clara sobre os riscos que pode ter para a vista observar este fenómeno sen tomar as medidas oportunas.
Jacinto Portela Romero e Pedro Hernández Alburquerque, óptico-optometristas de Portela ópticos, aportarán indicacións precisas sobre como se debería observar con seguridade a eclipse, os elementos de protección a usar, o tempo máximo de exposición… ademais de desmentir algúns bulos existentes sobre o tema.
En definitiva, explicarán todo o preciso para evitar posibles lesións na retina ou na córnea, e os síntomas derivados de posibles danos.
Galicia Ártabra Digital Noticias de Ferrol y la comarca de Ferrolterra.

