Valdoviño traslada á Xunta a petición da ANPA de modificar o acceso ao comedor escolar do CPI Atios

A corporación fai súa a reinvindicación da ANPA, e aprobaba en pleno demandar á Consellería de Educación a revisión dos criterios para garantir a igualdade de oportunidades con independencia da parroquia.

O Concello de Valdoviño dará traslado á Xunta de Galicia da petición da ANPA Beiramar para que revise e modifique os criterios de baremación e garantice así a igualdade de oportunidades para acceder ao comedor escolar do CPI Atios con independencia da parroquia de residencia do alumno ou alumna.

O pleno da corporación abordaba este asunto no último pleno, a petición da ANPA e despois de que goberno e oposición acordasen incluílo na orde do día. Un acordo que tamén se repetía na votación final, aprobándose por unanimidade.

A concelleira de Educación, Rosana García, explicaba que o asunto fora previamente analizado no Consello Escolar Municipal, despois de que a ANPA recibise queixas de familias sobre os criterios de baremación, xa que a aplicación da normativa provocaba desigualdades en función da parroquia de residencia.

Segundo trasladou a edil, a situación vén derivada de que a escola unitaria de Lago figura como centro adscrito ao CPI Atios, aínda que realmente non depende do centro educativo senón do CRA. É máis, o alcalde, Alberto González, lembraba que a escola reabriuse no seu día como segunda aula da escola unitaria de Taraza (Meirás) para dar resposta á alta demanda.

En todo caso, ese erro herdado preséntase agora como un problema para o acceso, xa que o alumnado desta parroquia ten preferencia para acceder ao comedor fronte a aqueles de Meirás e Vilarrube -parroquias con escolas unitarias-.

Ao fío desta situación, o grupo de goberno formulaba en pleno a necesidade de revisar máis en profundidade os criterios de valoración no seu conxunto. Aludía, por exemplo, ao feito de que á hora da matriculación non se priorice a residencia en Valdoviño, polo que veciños e veciñas poden quedar sen praza fronte a estudantes de fóra en caso de exceso de demanda.

Lea también

Cita en Valdoviño este domingo día 30 con el Feirón

La cita está organizada por la Asociación de Mulleres do Rural María del Mar Becerra …